RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ES

O Dépor activa dúas novas rutas no proxecto DESTINO RIAZOR

  Dous días despois de anunciar a posta en marcha do proxecto DESTINO RIAZOR, e tras analizar as peticións dos socios e afeccionados deportivistas a destinoriazor@rcdeportivo.es e ao 981 229 410, o Real Club Deportivo incuirá

As novas rutas de Destino Riazor son:

DESTINO RIAZOR 7: Muros, Noia, Ribeira, A Pobra, Boiro, Rianxo, Padrón, Riazor
 
DESTINO RIAZOR 8: Ribadeo, Foz, Burela, San Cibrao, Viveiro, Alfoz, Mondoñedo, Vilalba, Cospeito, Riazor
 
 
O proxecto nacerá co partido do domingo 18 ás 20:30 horas fronte ao Athletic Club de Bilbao, Día das Peñas, con vontade de continuar durante toda a temporada.
 
  
Prezos DESTINO RIAZOR para o partido RC Deportivo - Athletic Club:
 
· Socios: 0 €
 
· Peñistas non socios: 20 € (Viaxe e entrada "Día das Peñas")
 
· Afeccionados (non socios nin peñistas): 35 € (Viaxe e entrada Preferencia Superior)
 
 
Rutas:
 
DESTINO RIAZOR 1: Fisterra, Cee, Vimianzo, Baio, Agualada, Carballo, Laracha, Paiosaco, Arteixo, Riazor
 
DESTINO RIAZOR 2: Santiago, Sigüeiro, Órdes, Carral, Riazor
 
DESTINO RIAZOR 3: Cedeira, Valdoviño, Ferrol, Neda, Fene, Mugardos, Ares, Riazor
 
DESTINO RIAZOR 4: Verín, Ourense, Riazor
 
DESTINO RIAZOR 5: Lugo, Rábade, Guitiriz, Riazor
 
DESTINO RIAZOR 6: Pontevedra, Vilagarcia, Caldas, Riazor 
 
DESTINO RIAZOR 7: Muros, Noia, Ribeira, A Pobra, Boiro, Rianxo, Padrón, Riazor
 
DESTINO RIAZOR 8: Ribadeo, Foz, Burela, San Cibrao, Viveiro, Alfoz, Mondoñedo, Vilalba, Cospeito, Riazor
 
 
Inscricións:
 
Só se activarán as rutas cun mínimo de 30 pasaxeiros por autobús. Para iso será imprescindible inscribirse en destinoriazor@rcdeportivo.es ou chamar ao 981 229 410 (de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas de luns a venres) indicando nome, apelidos, socio peñista ou afeccionado (segundo proceda), teléfono de contacto, ruta e parada, para este partido antes do martes 13 de outubro. O mércores 14 confirmarase a cada interesado se se cubriu o número de prazas esixidas para poñer en marcha a ruta e este dispoñerá até o xoves 15 inclusive para efectuar o ingreso na conta de ABANCA ES72 2080 0063 4230 4003 1088, remitindo copia do xustificante bancario ao mesmo correo electrónico.
 
Para grupos dun mínimo de 30 pasaxeiros poderanse solicitar outras rutas fóra das establecidas inicialmente para que o Real Club Deportivo estude a proposta.
 
 
O programa DESTINO RIAZOR inclúe:
 
· Traslados en autocar
 
· Seguro de viaxe
 
· Entrada en Preferencia Superior para asistir ao encontro (excepto no caso dos socios)
 
· Bono desconto do 10% para compras na Deportienda o día do partido