RCD / NOTICIAS

O Dépor para en contra da violencia

A plantilla profesional do Real Club Deportivo (xogadores, técnicos e empregados) realizaron esta mañá no campo nº 1 de Abegondo un parón no comezo da súa sesión preparatoria, como rexeitamento frontal a todo tipo de violencia que prexudica o deporte, o fútbol e a Liga.

01/12/2014 17:28

Con este aceno, a plantilla mostrou alén diso as súas condolencias e apoio á familia de Francisco Javier Romero Taboada, "Jimmy", vítima dos incidentes violentos ocorridos onte en Madrid.