RCD / NOTICIAS

O Deportivo Feminino retoma a liga este domingo 4 de decembro en Arteixo ante o Tordoia

28/11/2016 12:30

Tras a semana pasada de parón ligueiro, o Deportivo Feminino A volta á competición este domingo 4 de decembro ás 12.00 en Arteixo. O seu rival será o Tordoia CF. Como é habitual, os socios deportivistas teñen libre acceso ao partido. Para o público, a entrada sénior custa 10 euros; e 3 euros para os menores de 16 anos.

O Deportivo Feminino A ocupa actualmente a segunda praza do grupo 1º da Segunda División Nacional con 25 puntos, os mesmos que o Ave Fénix Racing; e a 4 puntos agora do liderado, que ostenta con 29 o Oviedo Moderno.

Manu Sánchez, técnico deportivista, planificou catro adestramentos para preparar o choque ante o Tordoia CF:

Luns 28 de novembro
20.30: Adestramento en Abegondo

Martes 29 de novembro
20.30: Adestramento en Abegondo

Xoves 1 de decembro
20.30: Adestramento en Arteixo

Venres 2 de decembro
19.00: Adestramento en Abegondo