RCD / NOTICIAS

O equipo regresa esta mesma madrugada á Coruña

29/11/2016 23:57

Unha vez finalizado o encontro de Copa do Rei (ida dos dezaseisavos de final) no Estadio Benito Villamarín de Sevilla, o Deportivo emprende viaxe de regreso á Coruña. Gaizka Garitano citou os seus futbolistas mañá xoves 1 de decembro ás 17.00 en Abegondo, para comezar a preparar o seguinte compromiso ligueiro, en Riazor o luns 5 de decembro (20.45, Bein Sports) ante a Real Sociedad.

O plan de regreso é o seguinte:

Mércores 30 de novembro
2.00 horas: Saída do voo chárter de Sevilla con destino Santiago
3.20: Chegada aproximada a Santiago