RCD / NOTICIAS

O equipo regresa esta mesma tarde e adestra mañá domingo en Abegondo

26/11/2016 17:45

Após o xogo na Rosaleda, o equipo emprenderá viaxe de regreso á Coruña, previa parada para comer no Hotel Tryp Málaga Alameda. Gaizka Garitano citou todo o seu plantel mañá domingo 27 de novembro en Abegondo ás 10.30, para comezar a preparar a visita ao Betis deste martes 29 de novembro (22.00 horas, Bein Sports), na ida dos dezaseisavos de final da Copa do Rei.

O plan de regreso do Deportivo é o seguinte:

Sábado 26 de novembro
15.30: (hora aproximada): Xantar no Hotel Tryp Málaga Alameda
18.30: Saída do voo chárter do Aeroporto de Málaga con destino ao Aeroporto da Coruña
20.00: Chegada aproximada ao Aeroporto da Coruña