RCD / NOTICIAS

O fabrilista Jorge Carreón, convocado pola Selección de Bolivia Sub-20 para uns adestramentos

24/11/2016 11:45

O fabrilista Jorge Carreón foi convocado pola Selección de Bolivia Sub-20 para uns adestramentos que terán lugar a partir do 28 de novembro na cidade de Sucre. Esta concentración servirá á selección boliviana como preparación para o Campionato Sudamericano Sub-20, que se xogará en Ecuador do 18 de xaneiro ao 11 de febreiro de 2017.

Jorge Carreón, centrocampista ofensivo do Fabril, cumpre a súa primeira temporada no filial deportivista. Chegou o verán pasado procedente do CF Damm de Catalunya.