RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ES
FABRIL

O Infantil B podería cantar o alirón en unha fin de semana que comeza mañá para os benxamíns

  O Infantil B está a un só paso de se proclamar campión de liga da Primeira Autonómica (grupo 1º), se gañar este sábado no campo das Mariñas de Sada ao Rayo Sadense. Sería o cuarto t&iacut

En canto ao resto de partidos, Fabril, Xuvenil B (Liga Nacional), Cadete A (División de Honra) e Cadete B (Liga Galega, grupo 1º) xogan o sábado en Abegondo. Como é habitual, os socios teñen libre acceso á cidade deportiva. Para o público, a entrada sénior custa 3 euros.

Onte mércores, o Xuvenil B e o Cadete A disputaron en Ferrol os partidos pertencentes á xornada 22 da Liga Nacional xuvenil e División de Honra cadete respectivamente adiados no seu día polo temporal. Gañou o primeiro (0-1) e igualou o segundo (0-0).
 
A xornada arrancará mañá venres cos partidos dos dous equipos de benxamíns, ás 18.00 (Benxamín A) e 19.00 (Benxamín B) no campo de herba sintética de Abegondo.
 
O Alevín A non competirá en liga esta fin de semana e participará o domingo na Danone Nations Cup na Madroa (Vigo).
 
O calendario de partidos é o seguinte:
 
Terceira División
 
FABRIL - BARCO, o sábado 12 de marzo, ás 18.00 en Abegondo
Clasificación: ... 3. Choco, 50 puntos; 4. Fabril, 45 puntos; 5. Racing Vilalbés, 42 puntos...
 
Categoría Cuvenil
 
ATLÉTICO PERINES - XUVENIL A, o domingo 13 de marzo ás 12.00 no campo Vicente Miera de Santander
Clasificación da División de Honra: 1. Oviedo, 54 puntos; 2. Racing de Santander, 52 puntos; 3. Sporting de Gijón, 50 puntos; 4. Xuvenil A, 49 puntos; 5. Lugo e Celta, 45 puntos...
 
Xogado onte mércores: RACING DE FERROL 0 - XUVENIL B 1 (Mosquera)
XUVENIL B - CALASANCIO, o sábado 12 de marzo ás 12.30 en Abegondo (campo 5)
Clasificación da Liga Nacional: 1. Xuvenil B, 54 puntos; 2. Areosa (un partido menos), 47 puntos...
 
Categoría Cadete
 
Xogado onte mércores: RACING DE FERROL 0 - CADETE A 0
CADETE A - AREOSA, o domingo 13 de marzo ás 11.15 en Abegondo (campo 5)
Clasificación da División de Honra: 1. Celta, 75 puntos; 2. Cadete A, 59 puntos; 3. Bertamiráns (un partido menos), 46 puntos...
 
Amigable, xogado onte mércores: CADETE B 2 (Pablo Fraga y Kilian) - VICTORIA A 2
CADETE B - RACING DE FERROL B, o sábado 12 de marzo ás 11.00 en Abegondo (campo 7)
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: 1. Cadete B, 69 puntos; 2. Ural, 61 puntos...
 
Categoría infantil
 
BERTAMIRÁNS - INFANTIL A, o domingo 13 de marzo ás 12.30 no Municipal de Bertamiráns
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: 1. Lugo, 54 puntos; 2. Xuventude de Oroso (un partido menos) e Infantil A, 51 puntos; 4. Racing de Ferrol, 46 puntos...
 
RAYO SADENSE - INFANTIL B, o sábado 12 de marzo ás 10.00 no campo das Mariñas de Sada
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B, 67 puntos; 2. San Tirso, 49 puntos...
 
Categoría Alevín
 
Clasificación do Trofeo Conservas Calvo de fútbol once, grupo 1º: 1. Alevín A, 21 puntos; 2. Victoria A, 19 puntos; 3. Ural A, 16 puntos...
 
SALESIANOS - ALEVÍN B, o domingo 13 de marzo ás 13.00 na Torre 2
Clasificación da Segunda Fase da Segunda Comarcal, grupo 1º: 1. Alevín B, 24 puntos; 2. Obradoiro, 16 puntos...
 
Categoría Benxamín
 
BENXAMÍN A - IMPERÁTOR, o venres 11 de marzo ás 18.00 en Abegondo (campo de herba sintética)
Clasificación da Primeira Comarcal, grupo A Coruña - As Mariñas: 1. Benxamín A, 52 puntos; 2. Ural A, 46 puntos...
 
BENXAMÍN B - URAL C, o venres 11 de marzo ás 19.00 en Abegondo (campo de herba sintética)
Clasificación da Segunda Comarcal (grupo A Coruña - As Mariñas): 1. Benxamín B, 54 puntos; 2. Imperátor C, 44 puntos...