RCD / NOTICIAS

O martes, día histórico para o Club co debut en Riazor do Dépor Feminino

  O martes día 9 Riazor acollerá un momento histórico para o Club co debut en Riazor do Dépor Feminino. O partido terá lugar ás 18:15 horas e enfrontará ao renacido equipo branquiazul co Villarreal CF. O partido, incluido no cartel do Teresa Herrera, será a estrea no municipal coruñés dun equipo que se pon en marcha coa vontade de ser o referente do fútbol feminino na cidade e na comunidade. Todos os socios do Dépor teñen acceso ao estadio co seu abono da Temporada 2016/17, ademáis de ter dereito a dúas entradas a metade do prezo marcado para o público.

05/08/2016 19:06

A xornada, inesquecible xa só por este debut, terá outros momentos para o recordo como a homenaxe do Club a Manuel Pablo ou a estrea do terceiro equipamento da temporada 2015/16, unha lembranza ás primeiras cores que levou o Deportivo na súa fundación en 1906.

Precios das entradas do LXXI Teresa Herrera (Riazor, 9 de agosto de 2016): Deportivo - Villarreal (18:15 h. Feminino - 20:30 h. Masculino)

  PÚBLICO

ACOMPAÑANTE

TRIBUNA SUPERIOR 20 € 10 €
TRIBUNA INFERIOR 20 € 10 €
PREFERENCIA SUPERIOR 20 € 10 €
PREFERENCIA SUPERIOR LATERAL 10 € 5 €
PREFERENCIA INFERIOR - -
PREFERENCIA INFERIOR LATERAL - -
MARATHÓN SUPERIOR 10 € 5 €
MARATHÓN INFERIOR - -
PAVILLÓN SUPERIOR 10 € 5 €
PAVILLÓN INFERIOR - -

As entradas poden retirarse no horario da Oficina de Atención ao Deportivista: o sábado de 10.30 – 13.30, o luns de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas e o martes, día dos partidos, desde as 11:00 h. nos despachos de billetes do Pazo dos Deportes de Riazor*. 

As entradas tamén poden comprarse a través da taquilla de Abanca.

*O martes os abonos de Temporada estarán á venta na Oficina de Atención ao Deportivista en horario habitual