RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ES

O presidente da Xunta recibe o Consello de Administración en San Caetano

- Foto: Conchi Paz - O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, recibiu este mediodía os seis membros do Consello de Administración do Deportivo encabezados polo máximo mandatario branquiazul, Tin


- Foto: Conchi Paz -

O encontro, que se prolongou durante algo máis dunha hora, transcorreu nun grande ambiente de cordialidade. Antes de comezar, o Presidente do Deportivo entregou a Alberto Núñez Feijóo o primeiro deseño da segunda equipación do Club para a vindeira temporada, unha camisola na que a protagonista é a bandeira de Galicia. "Nós o que queremos é que esa camiseta esté o ano que ven nos campos de Primeira División", sinalou Tino Fernández.

Tralo encontro, o presidente deportivista manifestou a súa "honra por ser recibidos polo presidente da Xunta de Galicia e de presentarlle a nova equipación da próxima temporada co orgullo que suporá levala". Despois de ser recibidos no Concello, a Deputación e a Xunta, dixo estar "contento porque o obxectivo é presentar as liñas de actuación inmediatas e falar de todos os temas. O balance é moi positivo". No tocante á situación económica o presidente manifestou que "pese a que as administracións están con nós, é un problema que temos que arranxar nós".

Con esta visita péchase a primeira rolda de contactos coas principais institucións políticas da cidade, a provincia e a comunidade autónoma.