RCD / NOTICIAS

O Torneo de Dublín, reto para o Infantil B do Deportivo

  O Infantil B, que se acaba de proclamar campión de liga en Primeira Autonómica (grupo 1º), desprázase esta Semana Santa a Dublín (República de Irlanda), para participar nun torneo que xa está nas vitrinas deportivistas, após gañalo o pasado ano.

23/03/2016 09:48

O calendario da Primeira Fase para o equipo deportivista é o seguinte:

Venres 25 de marzo
11.30: W.B. ALBION - INFANTIL B
17.15: OLYMPIQUE DE LYON - INFANTIL B
 
Os dous primeiros equipos pasan a semifinais, que se xogan o sábado 26 (16.00 e 17.15). O domingo 27 de marzo serán os partidos polo 5º e 6º posto (10.00), a final de consolación (11.30) e a grande final (13.30 horas).