RCD / NOTICIAS

Premios para Mosquera e Alex Bergantiños en Muxía e Noia respectivamente

  Dous dos futbolistas máis queridos pola afección, os coruñeses Pedro Mosquera e Alex Bergantiños, foron premiados por dúas das peñas máis veteranas do Dépor.

08/09/2016 20:46

Así, a peña deportivista Os Piratas de Muxía acaba de nomear Pedro Mosquera "Pirata de Honra do Deportivismo". Entre os motivos que argumenta a citada agrupación, está "na grande temporada do xogador deportivista e o ter elixido o Dépor sobre todas as cousas". O centrocampista coruñés sucede así a Manuel Pablo, que recibiu este mesmo galardón a temporada pasada.
 
Pola súa parte, a peña Berberecho de Noia outorga o Berberecho de Prata a Alex Bergantiños. O mediocentro deportivista súmase así á insigne listaxe de xogadores que xa o recibiron, caso de Dani Aranzubia, Valerón, Fabricio, Riki...

Más noticias de: ÁLEX, PEDRO MOSQUERA