RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ES

Primeira reunión institucional entre o Alcalde da Coruña e o Consello de Administración

  O novo alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, xunto ao concelleiro de Cultura e Deportes Xosé Manuel Sande, recibiu este mediodía no pazo de María Pita ao consello de administración do Deportivo, encabezado polo p

Xulio Ferreiro valorou esta primeira reunión oficial como "unha conversa xeral das moitas cuestións que temos a medias para demostrar ao Consello de Administración que o Concello sigue apoiando, na medida do posible, ao Real Club Deportivo, un símbolo esencial da nosa cidade. A colaboración seguirá como até agora ou mellor nos próximos anos". O Alcalde tamén se ofreceu para "botar unha man poñendo o Concello a disposición do Deportivo para limar asperezas no aspecto social para que Riazor sexa coñecido polo que sempre o foi, por ter unha das mellores afeccións do Estado".

Pola súa banda, Tino Fernández, falou de "reunión cordial na que repasamos todos os temas da nosa relación e cousas actuais e ideas para plantexar nos vindeiros anos e tamén axudar, como icono da cidade, na medida que o Deportivo poida achegar". Dos temas tratados, "as melloras na cuberta que xa están en marcha e outras melloras no estadio por conta de ambos e no futuro seguro que se poden facer máis".