RCD / NOTICIAS

Primeiro adestramento de Borja López co Deportivo

O primeiro equipo comezou a preparar hoxe luns en Abegondo a visita do Eibar a Riazor, prevista para este venres 6 de febreiro ás 20.45 horas. Foi a primeira sesión con Borja López após a súa incorporación ao equipo o pasado venres.

02/02/2015 16:02

Sidnei, cunha sobrecarga no sóleo, tivo tratamento médico e de fisioterapia; e Postiga readaptación no ximnasio da cidade deportiva. As únicas ausencias foron Fariña, hospitalizado; e Lopo, no seu domicilio con gripe.
 
A sesión desta mañá, dunha hora e media de duración, consistiu nun traballo de resistencia e fútbol en espazo reducido.
 
Mañá martes, o primeiro equipo está citado de novo ás 11.00 en Abegondo.
 
O plan de adestramento semanal é o seguinte:
 
Martes 3 de febreiro
11.00: Adestramento en Abegondo
 
Mércores 4 de febreiro
11.00: Adestramento en Abegondo
 
Xoves 5 de febreiro
16.30: Adestramento en Abegondo

Más noticias de: BORJA LÓPEZ

RCD / Noticias Relacionadas

03/02/2015 21:38 |

Borja López: 'Estoy preparado si tengo que jugar'

El presidente del Deportivo, Tino Fernández, presentó y dio la bienvenida a Borja López, último fichaje del Deportivo esta temporada: "va estar con nosotros lo que resta de temporada y esperamos que esas cosas que a él le animaron a venir aquí, entre otras cosas testimonios de jugadores de nuestra plantilla que es un grupo que destaca por su armonía y por lo bien que está funcionando como grupo, las experimente Borja en primera persona".