RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ES
#ANOSAFORZA

Un coruñés del barrio de A Cubela pone en marcha una iniciativa para captar nuevos socios

Iván Beceiro, un aficionado deportivista del barrio coruñés de A Cubela, emprendió una movilización para captar nuevos socios del Deportivo en este año complicado en Segunda División. A continuación

1+1

Sábado 21 de Maio, data que todos gardaremos na nosa memoria, data que marcou o destino do DEPOR, data dende a que non podo durmir e me costa erguerme cada día. Pero non porque o DEPOR estea en segunda, porque o DEPOR alá onde estea contará co meu apoio e o de toda a afección deportivista que suma miles de siareiros.
O motivo desta intranquilidade era a chegada do día de hoxe, porque hoxe por fin poderei durmir e descansar, hoxe por fin acadarei o que levo tantos días anhelando porque hoxe vou renovar os meus votos co DEPOR, é o dia da miña vida no que menos me custa madrugar para poder ser así dos primeiros en renovar o meu carnet e poder amosarlle o mundo que eu son do DEPOR e que nunca penso deixar que camiñe só.
Que a segunda non é prato de bo gusto sabémolo todos, que a loita o longo das 42 xornadas precisará que todos demos ó máximo tamén. Pero o que si sabemos é que con esta afección empurrando as cousas serán moito mais sinxelas. O DEPOR, aquel sábado, dou un paso atrás pero o deportivismo é responsable de empurrar e levar en voandas o equipo para recuperar o lugar que lle corresponde.
O club rebaixará os carnets un 20% (15% o mes de xullo) facéndonos as cousas mais sinxelas, converténdonos no clube que ten os abonos mais baixos de segunda, incluso durante o mes de xuño non haberá que pagar os 30 euros en concepto de alta para novos socios.
Tras todo o esforzo que esta a facer o DEPOR ¿ti non pensas facer nada?, gustaríame por en marcha unha iniciativa “1+1” ou o que é o mesmo “UNHA RENOVACIÓN UN NOVO ABONADO” e que cada socio consiga que algún familiar, amigo ou coñecido se una a nosa entidade facéndose socio do DEPOR. Cada un de nós debe comezar unha campaña de captación, posto que de todos depende que medre a familia deportivista e así poder encher o santiario do fútbol que é RIAZOR. Todos estamos na obriga de facer o máximo por defender un sentimento cen por cen branquiazul, do cal eu podo presumir con orgullo que formo parte, e recalco o de ORGULLO con letras maiúsculas posto que esta gran familia, esta hinchada incansable, este exército branquiazul que defende o DEPOR coma ninguén, non dou unha, nin dúas, dou ducias de leccións o longo dunha tempada deixando abraiados a tódolos medios e a toda España de como se senten unhas cores e se defende un equipo ata o final. E esa defensa continuará o vindeiro ano con mais forza que nunca, posto que neste novo horizonte que se nos presenta con novos obxectivos que lograr, é preciso que a cada un de nós nos soe un reloxo no interior que nos mostre que chegou a hora de que saia o deportivista de verdade, ese que segue engalanando fiestras, coches e todo o que se lle poña por diante, ese deportivista que se enfunda a diario a elástica branquiazul, en definitiva ese deportivista que segue e seguirá a dalo todo polo equipo dos seus amores hoxe, mañá e sempre.
Eu polo de pronto xa comecei a miña campaña “arrastrando” a compartir este nobre e fermoso sentimento deportivista a miña moza e a cinco amigos pero estade tranquilos porque ¡¡¡¡¡¡¡ caeran mais !!!!!!!

¡POLO 1+1  ------- FORZA DEPOR!
¡¡¡¡ FAITE SOCIO---- FAI UN SOCIO !!!!