RCD / NOTICIAS

Vázquez cre que Ifrán vén axudar ao equipo e á cidade a ascender a Primeira División

Fernando Vázquez asegurou esta mañá en rolda de prensa que o Deportivo terá mañá sábado perante o Barcelona B (Riazor, 20.00 horas) un partido especial ante "algo ao que non está habituado". Do filial azulgrana explica que "é un equipo que vai a Zaragoza e gaña con facilidade. Vai a Mallorca e gaña. É un equipo que lle podes gañar mais que te pode derrotar con facilidade".

14/03/2014 21:19

Lembra que o partido de ida, en que o Dépor venceu (0-1) grazas a un gol de Culio ao principio, "foi bastante tranquilo cun repregue intensivo" e "agora temos que decidir o que imos facer mañá".

Sobre Diego Ifrán, presentado esta tarde como novo xogador do Deportivo, Vázquez agradécelle que "viñese a axudarnos". Segundo o técnico deportivista, o uruguaio é un futbolista que pode xogar en "calquera posición de ataque".

"A Real Sociedad déixanos Ifrán para nos axudar, porque economicamente non ten custo. Vén axudar ao equipo e á cidade a ascender a Primeira División", conclúe.

Más noticias de: FERNANDO VAZQUEZ