RCD / NOTICIAS

Vázquez: O equipo está ben, está intenso, está concentrado

Fernando Vázquez asegurou esta mañá en rolda de prensa no Estadio de Riazor, xusto antes de arrancar a sesión de recuperación, que "o equipo está impresionante, o equipo está ben, está intenso, está concentrado. Está claro que os resultados nos últimos partidos non están a saír, mais estou encantado".

16/05/2014 14:00

Comparou a situación que atravesa o Dépor á da Primeira División: "Hai tres equipos que se xogan a Liga e parece que ningún quere gañala. Parecen situacións incomprensibles".
E máis, acrecenta Fernando Vázquez que "Calquera afeccionado do Dépor, calquera socio asinaría que a falta de catro partidos o Deportivo levaría 5 puntos ao terceiro clasificado. Hai que ser positivos".
 
Insiste en que "os futbolistas queren ascender. Están tensos, ansiosos, desexosos. Desde o mes de xuño están pensando, para adiante. O equipo non está rendido e está desexando darlle o ascenso a Primeira á afección do Deportivo".

Más noticias de: FERNANDO VAZQUEZ