RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ES
ACTUALIDAD

Xornada intensa de sábado para a canteira deportivista

Dos 12 equipos que conforman as categorías inferiores do RC Deportivo, 9 disputarán os seus encontros ligueiros este sábado 26 de novembro. O Alevín A descansa nesta xornada e só 2 equipos xogarán o domingo 27: o Fabril na Illa de Arousa ante o Céltiga (16.30) e o Deportivo Feminino B en Arteixo ante o Arcadia (16.00 horas).

O sábado sobresae o triplo duelo ante o Racing de Ferrol (Liga Nacional xuvenil, División de Honra cadete e Liga Galega infantil). Os dous primeiros serán en Abegondo (18.00 e 16.30 respectivamente). Como é habitual, os socios deportivistas teñen libre acceso á cidade deportiva. Para o público, a entrada custa 3 euros.

En infantís, o Infantil A, líder do grupo 1º da Liga Galega por primeira vez no que vai de temporada, visita o segundo clasificado, o Racing de Ferrol. Un só punto separa ambos os equipos.

No resto de categorías, destaca na Segunda Comarcal alevín o duelo entre o Deportivo B, líder, fronte ao seu inmediato perseguidor, o Luis Calvo C.

Nesta ocasión descansa o Alevín A, que no entanto disputou o pasado martes un torneo cuadrangular amigable en Abegondo coas Seleccións da Coruña, Santiago e Ferrol como rivais. Os branquiazuis foron campións ao gañaren dous partidos e empatar un.

O calendario de partidos da fin de semana é o seguinte:

Terceira División

CÉLTIGA - FABRIL, o domingo 27 de novembro ás 16.30 no campo Salvador Otero da Illa de Arousa
Clasificación: ... 2. Racing Vilalbés, 29 puntos; 3. Cerceda e Arosa, 24 puntos; 5. Fabril e Barbadás, 23 puntos; 7. Barco, 22 puntos; 8. Bergantiños, 21 puntos...

Categoría Feminina

DEPORTIVO FEMININO B - ARCADIA, o domingo 27 de novembro ás 16.00 en Ponte dos Brozos (Arteixo)
Clasificación da Primera División Autonómica: ... 10. Arcadia, 10 puntos; 11. San Miguel, 9 puntos; 12. Deportivo Feminino B, 7 puntos; 13. AlertaNavia, 6 puntos; 14. Torre, 5 puntos...

Categoría Xuvenil

VAL MIÑOR - XUVENIL A, o sábado 26 de novembro ás 16.00 en Condomínguez (Priegue - Nigrán)
Clasificación da División de Honra: 1. Celta, 29 puntos; 2. Sporting de Gijón, 28 puntos; 3. Oviedo e Lugo, 26 puntos; 5. Xuvenil A, 23 puntos; 6. Racing de Santander, 22 puntos; 7. Val Miñor, 21 puntos...

XUVENIL B - RACING DE FERROL, o sábado 26 de novembro ás 18.00 en Abegondo (campo 1)
Clasificación da Liga Nacional: 1. Celta B, 31 puntos; 2. Xuvenil B e Victoria, 25 puntos...

Categoría Cadete

CADETE A - RACING DE FERROL, o sábado 26 de novembro ás 16.30 en Abegondo (campo 5)
Clasificación da División de Honra: 1. Celta, 36 puntos; 2. Cadete A, 32 puntos; 3. Victoria, 28 puntos...

RACING DE FERROL B - CADETE B, o sábado 26 de novembro ás 11.45 na Gándara 2 (Ferrol)
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: 1. Calasanz, 29 puntos; 2. Cadete B, 26 puntos; 3. Xuventude de Oroso, 24 puntos...

Categoría Infantil

RACING DE FERROL - INFANTIL A, o sábado 26 de novembro ás 10.15 na Gándara 2 (Ferrol)
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: 1. Infantil A, 32 puntos; 2. Racing de Ferrol e Ural, 31 puntos...

BERGANTIÑOS B - INFANTIL B, o domingo 27 de novembro ás 12.00 nas Eiroas (Carballo)
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B, 33 puntos; 2. Imperátor, 28 puntos...

Categoría Alevín

Cuadrangular amigábel en Abegondo, xogado o pasado martes
ALEVÍN A 4 (Iago, Sierra e Domínguez (2)) - SELECCIÓN DE FERROL 0
ALEVÍN A 2 (Domínguez (2)) - SELECCIÓN DE SANTIAGO 2
ALEVÍN A 2 (Domínguez e Adrián) - SELECCIÓN DA CORUÑA

Clasificación da Primeira Comarcal A Coruña: 1. Alevín A (un partido máis), 21 puntos; 2. Ural A, 15 puntos; 3. Calasanz A, 12 puntos...

ALEVÍN B - LUIS CALVO SANZ C, o sábado 26 de novembro ás 12.00 na Torre
Clasificación da Segunda Comarcal A Coruña: 1. Alevín B, 18 puntos; 2. Luis Calvo Sanz C, 15 puntos...

Categoría Benxamín

BENXAMÍN A - PAIOSACO H. AÑÓN, o sábado 26 de novembro ás 13.00 na Grela 2
Clasificación da Primeira Comarcal A Coruña: 1. Benxamín A, 24 puntos; 2.Victoria A, 21 puntos...

OBRERO B - BENXAMÍN B, o sábado 26 de novembro ás 11.00 no campo Eugenio Pardo Conchado (Oleiros)
Clasificación da Segunda Comarcal A Coruña: 1. Benxamín B, 21 puntos; 2. Ural C, 19 puntos...