RCD / NOVAS

A Real leva os tres puntos da Coruña (2-4)

10/09/2017 14:33

O Deportivo sufriu a súa segunda derrota no campionato. Tras caer ante o campión de Liga, hoxe o fíxo ante o líder, unha Real Sociedad que aproveitou dous momentos de desconcerto nas filas branquiazuis para levar o tres puntos da Coruña nun encontro que tivo moitas fases distintas.

O equipo vasco xa gañaba por 0-2 aos 4 minutos, o Dépor chegou a empatar nada máis comezada a segunda metade e os donostiarras selaron a vitoria con dous goles tamén consecutivos no tramo final.

O técnico deportivista, Pepe Mel, modificou o debuxo táctico do equipo con respecto aos mostrados nas dúas primeiras xornadas do campionato, pasando a xogar cun 4-4-2. O adestrador branquiazul realizou tres cambios con respecto ao once que introduciu de inicio no anterior partido, fronte ao Levante no Ciutat de València. Przemysław Tytoń substituíu a Rubén Martínez na portería, mentres Zakaria Bakkali e Emre Çolak deixaron os seus postos a Bruno Gama e Adrián López.

O partido non puido comezar peor, pois a Real converteu en gol os seus dous primeiros tiros a porta, antes de que se cumpriu o minuto 5. En primeiro lugar, Juanmi aproveitou un centro de Xabi Prieto desde a dereita para bater a Tytoń cun preciso remate. Acto seguido, Illarramendi enganchou un durísimo disparo á saída dun saque de esquina, ante o que o meta polaco non puido reaccionar debido á cantidade de xogadores que lle tapaban a visión.

Os branquiazuis trataron de reaccionar pronto e antes do minuto 10 roldaron a portería de Gero Rulli nun par de ocasións, a mellor nun lanzamento lonxano de Juanfran que tocou nun defensa e estivo a piques de sorprender ao porteiro donostiarra.

A Real practicamente monopolizou a posesión durante o seguinte tramo de encontro, aínda que carente de profundidade. Ao Dépor a pelota duráballe moi pouco no seu poder.

Con todo, superado o ecuador do primeiro período, o Dépor fíxose co balón para protagonizar unha posesión infinita, con varias incursións frustradas no último pase pola zaga visitante. A acción concluíu cun fantástico pase longo de Fabian Schär que rematou de maneira non menos sensacional Adrián, ao primeiro toque, co interior da súa bota dereita, buscando e atopando a cepa do poste esquerdo da meta realista. O 1-2 chegaba antes de cumprirse a media hora para meter de novo no partido ao equipo coruñés.

No tramo final, o Dépor encerrou á Real na súa área. Nos últimos cinco minutos, Schär non chegou por milímetros a cabecear un centro de Juanfran, Adrián non puido rematar en posición ideal unha deixada coa testa de Guilherme e Andone, tamén coa cabeza, rematou frouxo ás mans de Rulli un balón que quedara solto moi preto do portal realista.

A segunda metade comezou cun Dépor mandón e co regreso de Lucas Pérez, que substituíu a Bruno Gama no minuto 49. Só uns segundos despois, os branquiazuis lograban o 2-2. Juanfran centrou desde a dereita a perna cambiada, Adrián superou a Odriozola no salto e deixou o balón de cabeza para que Andone fusilase a Rulli.

A Real reaccionou rapidamente, tratando de aproveitar a presenza de moitos dianteiros no once deportivista. Os donostiarras roldaron o gol en varias accións: primeiro, nun disparo de Illaramendi que sacou Schär practicamente baixo o traveseiro. Máis adiante, nun remate de Iñigo Martínez no segundo pau que saíu lamendo o poste contrario.

O encontro equilibrouse superada a hora de xogo. Pepe Mel reforzou a medular con Fede Valverde en lugar de Fede Cartabia. Aínda que a Real continuou tendo maior posesión, a paridade na zona ancha fixo que o partido discorrese sen producirse ocasións claras en ningunha das dúas portarías.

A un cuarto de hora da conclusión, Aritz lesionouse pero seguiu no terreo de xogo ao realizar Eusebio Sacristán os tres cambios. A pesar de estar practicamente con dez xogadores, a Real atopou o terceiro gol pouco despois, nun córner que ninguén acertou a rematar de cabeza e introduciu na portería local, en posición antirregulamentaria e case sen querer, Diego Llorente. Poucos segundos despois, Illarramendi sentenciaba o encontro cun disparo desde a frontal da área.

No tempo de prolongación, Lucas gozou dunha boa ocasión que concluíu nun saque de esquina que el mesmo lanzou directamente a portería e estrelou no traveseiro.

RC Deportivo: Tytoń, Juanfran, Schär, Sidnei, Luisinho, Fede Cartabia (Fede Valverde, min. 64), Guilherme, Pedro Mosquera, Bruno Gama (Lucas, min. 49), Adrián e Andone (Bakkali, min. 71).

Real Sociedade: Rulli, Odriozola, Aritz, Iñigo Martínez (Llorente, min. 66), Kevin Rodrigues, Xabi Prieto, Illarramendi, Zurutuza, Januzaj (Carlos Vela, min. 74), Willian José e Juanmi (Canales, min. 54).

Goles: 0-1 Juanmi (min. 3); 0-2 Illaramendi (min. 4); 1-2 Adrián (min. 27); 2-2 Andone (min. 50); 2-3 Llorente (min. 83); 2-4 Illarramendi (min. 86).

Árbitro: Munuera Montero (c. andaluz). Cartón amarelo a Juanmi (min. 44), Guilherme (min. 47), Kevin Rodrigues (min. 54) e Odriozola (min. 80).

Incidencias: partido correspondente á 3ª xornada de LaLiga Santander disputado no Estadio ABANCA-RIAZOR ante 21.942 espectadores.

RCD / J3 LaLiga Santander

  • Tytoń
  • Juanfran
  • Fabian Schär
  • Sidnei
  • Luisinho
  • Guilherme
  • Mosquera
  • Bruno Gama (49')
  • Fede Cartabia (64')
  • Adrián
  • Florin Andone (71')

Suplentes

  • Pantilimon
  • Lucas Pérez (49')
  • Fernando Navarro
  • Bakkali (71')
  • Celso Borges
  • Arribas
  • Federico Valverde (64')
  • Rulli
  • Kévin Rodrigues
  • Martínez I. (66')
  • Álvaro Odriozola
  • Aritz Elustondo
  • Illarramendi
  • Zurutuza
  • Xabi Prieto
  • Adnan Januzaj (74')
  • Willian José
  • Juanmi (54')

Suplentes

  • Jon Bautista
  • Vela (74')
  • Canales (54')
  • Igor Zubeldia
  • Toño Ramírez
  • Llorente R. (66')
  • De la Bella

Estadio

Estadio ABANCA-Riazor (21.942 espectadores)

Goles

  • 0-1 (3'). Juanmi
  • 0-2 (4'). Illarramendi
  • 1-2 (27'). Adrián
  • 2-2 (50'). Florin Andone
  • 2-3 (83'). Llorente R.
  • 2-4 (86'). Illarramendi

Árbitro

José Luis Munuera Montero amoestou aGuilherme (47') do Deportivo y Juanmi (44'), Kévin Rodrigues (54'), Álvaro Odriozola (80') do R. Sociedad.

RCD / Vídeo