RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Fede Valverde, novo xogador do Deportivo para a Temporada 2017-2018

Federico Santiago Valverde Dipetta (Montevideo, 22 de xullo de 1998) defenderá a camiseta do Dépor na Temporada 2017-2018 tras o acordo de cesión, por unha campaña sen opción de compra, que se pechou hoxe co Real Madrid CF.

O futbolista uruguaio, que ocupa a demarcación de mediocentro, xogou un total de 30 partidos no Real Madrid Castilla a pasada temporada en Segunda División B, anotando 3 goles. O xogador, ex de Peñarol, é internacional en todas as categorías inferiores da selección do seu país, coa que disputou o último mundial sub-20, conseguindo o Balón de Prata.