RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Luís Fernández xogará a Temporada 2017-2018 no Fabril

Luis Fernández Teijeiro (Burela-Lugo, 27 de setembro de 1993) xogará no Fabril a Temporada 2017-2018, tras o acordo por unha campaña ao que Club e xogador chegaron este venres 1 de setembro.

O dianteiro pertenceu á disciplina branquiazul durante oito temporadas, desde que aterrou en Abegondo no curso 2008-2009 no seu primeiro ano xuvenil, ata a súa saída o verán pasado rumbo ao Alcorcón.

Luis chegou a disputar unha campaña enteira co primeiro equipo, a 2013-2014, na que xogou 28 partidos e anotou 5 goles en Segunda División e 2 encontros (1 tanto) en Copa do Rei. Con anterioridade, militara dúas temporadas no Fabril, ambas en Terceira División, nas que marcou 31 goles en 47 partidos.

Tras o ascenso a Primeira da campaña 2013-2014 foi cedido en dúas ocasións, ambas a conxuntos de Segunda División. En primeiro lugar xogou no Lugo (25 partidos e 5 goles) e a temporada seguinte no Huesca (28 partidos e 4 goles).

Con esta incorporación, o Fabril amplía o seu cadro a 21 futbolistas. O segundo equipo deportivista está formado actualmente por Álex Cobo, Francis (porteiros), Blas, Diego Caballo, Lucas, One, Quique Fornos, Raúl (defensas), Bicho, Carlos López, Edu, Gaizka, Martín, Queijeiro, Romay (centrocampistas), Borja Galán, Jardel, Luis, Luismi, Óscar Pinchi e Uxío (dianteiros).