RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O RC Deportivo paraliza o proxecto de Museo como primeira medida de continxencia

O Real Club Deportivo tomou a determinación de paralizar o proxecto de posta en marcha do Museo do Club, anunciado en Xunta de Accionistas con motivo do 110 aniversario da entidade. O proxecto, que pretendía situar na vangarda museística ao Deportivo e converterse nun espazo de referencia deportiva, social, cultural e turística na cidade, deberá por tanto esperar para ver a luz nos baixos do Estadio Municipal de Riazor.

A paralización deste ilusionante e importante proxecto de recuperación da historia do Deportivo é a primeira medida tomada polo Consello de Administración, reunido onte pola tarde, para mitigar o efecto da recualificación da débeda. O Consello reuniuse para, entre outras cousas, analizar as consecuencias da sentenza do Tribunal Supremo coñecida o día anterior e que obriga a pór en marcha un plan de continxencias para abordar e superar o novo escenario económico que debe afrontar o Club nos próximos anos.

Ademais de valorar diferentes vías para facer máis levadío o pago da débeda do Real Club Deportivo, tomáronse e esbozado as primeiras medidas para reducir investimentos previstos para os próximos anos e evitar deste xeito a perda de competitividade do Club.