RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Pablo Insua, traspasado ao Schalke 04

O Real Club Deportivo e o FC Gelsenkirchen-Schalke 04 chegaron hoxe a un acordo para o traspaso, con efecto 5 de xullo, de Pablo Insua ao conxunto alemán. Pablo Insua Branco (Arzúa, 9 de setembro de 1993) formouse nas categorías inferiores do Club ata debutar en LaLiga Santander co Dépor na Temporada 2012-2013. Tras dúas campañas defendendo a camiseta branquiazul na liga 1|2|3 e na máxima categoría do fútbol español, as dúas últimas temporadas completounas no CD Leganés, en condición de cedido. Agora, unha vez desvinculado do Dépor, iniciará o seu novo periplo na Bundesliga.

O Real Club Deportivo quere agradecer a Pablo Insua a súa dedicación, traballo e esforzo durante todos os anos que defendeu a camiseta do Dépor en cada unha das súas categorías desde 2006 e desexarlle moita sorte na andaina profesional que hoxe comeza, deixándolle abertas as portas da que foi a súa casa durante máis dunha década.