25/05/2010 12:12 |
Angulo e Filipe márchanse a mediados de semana de vacacións
Os xogadores do Deportivo Angulo e Filipe finalizan a mediados desta semana os seus adestramentos, que prolongaron estes días desde que o groso do persoal se marchó de vacacións. Ambos estiveron a adestrar co fisioterapeuta e recuperador Pablo Lópeixe tanto no Ximnasio Zona Fit como na Deporclínica. Os dous marcharseán cun plan específico de traballo para o verán, diseñado polo S.A.R.F. do Real Club Deportivo.