13/03/2012 11:16 |
Estrela Galicia, Espazo Coruña e o Dépor, unidos polos 25.000 socios
Dúas grandes firmas da Coruña, Estrela Galicia e Espazo Coruña, unen as súas forzas co Real Club Deportivo para homenaxear aos 25.138 actuais socios deportivistas... e os que sigan chegando nos próximos días; unha cifra histórica na liga Adiante.Así, hoxe martes 13 de marzo ás 19.15 horas na Praia Club, o Consello de Administración do Real Club Deportivo da Coruña, representantes de Estrela Galicia e Patricia Seguí, xerente de Espazo Coruña, teñen previsto informar de qué maneira pode chegar a gañar algún abonado deportivista un coche gratis.