RCD / Noticias por Etiquetas
RCD / Noticias por Etiquetas: hector

04/01/2005 20:12 |

Visita ao Materno

Cinco xogadores deportivistas (Luque, Dani Mallo, Héctor, Valerón e Sergio) pasáronse esta mañá despois do adestramento matinal en Abegondo polo Hospital Materno Infantil Teresa Herrera para repartir agasallos doados por JOMA entre os nenos hospitalizados. Os futbolistas branquiazuis fixeron, coa súa simpatía, as delicias dos enfermos, dos pais e do persoal hospitalario. Entre os agasallos había mochilas, camisetas, riñoneras do Dépor e, por suposto, camisetas e pantalóns branquiazuis.

07/12/2004 13:39 |

Héctor:
"Quero gañar pola nosa afección"

O lateral andaluz Héctor perfílase como titular na banda dereita do Deportivo. El quere "gañar ao Mónaco pola nosa afección" e, así mesmo, indicou que de non ser o Dépor, "dáme igual quen pase á seguinte fase". Respecto dos fallos que o equipo está a ter en defensa, Héctor di que "o que xoga decídeo o adestrador e eu non son quen de dicir se debo de xogar ou non".

18/11/2004 20:22 |

Héctor renovou o seu contrato dúas tempadas máis

Héctor Berenguel pasouse hoxe pola tarde para selar a súa continuidade dúas tempadas máis -ata xuño de 2007- no Deportivo. Este "segredo a voces", tal e como o cualificou Augusto César Lendoiro, "debeuse sobre todo á boa vontade e o bo facer tanto de Héctor como do seu axente, Sánchez Sabater". O Presidente deportivista agradeceu o traballo de Héctor desde a súa chegada ao club procedente do Sevilla e sobre todo "non crear problemas nos momentos duros".

10/11/2004 20:11 |

Principio de acordo para a renovación de Héctor

O Real Club Deportivo alcanzou hoxe un principio de acordo para a renovación do contrato do polivalente defensa Héctor, que expiraba en xuño de 2005. A esta conclusión chegouse tras as conversacións mantidas entre o Presidente do Deportivo, Augusto César Lendoiro, e o axente do bo futbolista andaluz, Francisco Sánchez Sabater.

27/10/2004 14:34 |

Héctor: o cartón vermello a Sergio é desproporcionada

Héctor, titular no partido de Copa do Rei ante o Cerceda, compareceu esta mañá ante os medios informativos en 'O Mundo do Fútbol'. -Que tal onte no teu debut? -Moi ben. Creo que sacamos o partido adiante e iso é o máis importante. -Vos esperábais un Cerceda tan peleón? -Xa nos avisaron de que era o campión da categoría. A verdade é que nos puxeron as cousas difíciles.

03/03/2003 14:17 |

Héctor confía en dar a sorpresa en Mallorca

A pesar do adverso do resultado (2-3 en Riazor a favor dos baleares) e da exhibición de xogo mallorquino, o vestiario branquiazul vai tentar dar a sorpresa en Palma. Así o indicou Héctor, un dos xogadores máis en forma do Deportivo: "Estamos confiados en poder dar a volta ao partido e xogar a final outra vez", comentou o lateral almeriense.

1-12 de 12
Tags máis utilizados