02/03/2004 09:41 |
Javier Irureta recibiu onte á noite un galardón do Colexio Vasco de Adestradores nun acto no que tamén estiveron, entre outros, Manei e Javier Clemente.
02/03/2004 09:41 |
Javier Irureta recibiu onte á noite un galardón do Colexio Vasco de Adestradores nun acto no que tamén estiveron, entre outros, Manei e Javier Clemente.
13/10/2003 17:17 |
Irureta apadriña á Pena Ribeira
Este martes, 14 de outubro, o técnico do Deportivo, Javier Irureta, apadriñará a pena deportivista Ribeira de Sada para a tempada 2003 - 2004.
17/06/2003 13:24 |
Irureta: Temos que estar orgullosos do que fixo este equipo
Javier Irureta compareceu ante os medios de comunicación tras a sesión de traballo matinal en Riazor. O técnico falou da súa renovación e fixo balance da tempada: "somos o equipo máis regular dos últimos anos. Estou orgulloso do equipo e deste persoal" e insistiu "este equipo vai facer Bota de Ouro e pichichi a Makaay" pero recoñeceu "teño a sensación de que se lle dá pouco valor ao terceiro posto. Quizais porque levantamos máis expectativas... noutros lugares a cuarta praza celébrase como un éxito e aquí parecemos avergoñados da terceira. Temos que estar orgullosos."
23/05/2003 21:30 |
Irureta eloxia ao Celta antes do derbi
Javier Irureta eloxiou hoxe en rolda de prensa ao Celta de Vigo: "Son un equipo que mantén unha liña moi regular nas últimas tempadas, sempre nos postos altos pelexando pola liga de Campións. Ten bos xogadores e algúns, en determinados postos, de altisimo nivel", comentou o técnico deportivista tras ler a lista de convocados do Deportivo. Irureta vaticinou pois un encontro moi complicado ante un equipo tamén necesitado dos puntos.
27/02/2003 21:47 |
O Atlético distinguirá a Irureta e Melo
O Atlético de Madrid distinguirá a Paco Melo e a Javier Irureta no ano do seu Centenario. Javier Irureta foi elixido entre os 30 xogadores máis ilustres na historia do Atlético de Madrid.
03/09/2002 13:25 |
Irureta, no foro de adestradores
Javier Irureta parte este mediodía a Madrid para enlazar posteriormente con Xenebra (16.30) e participar mañá no Forum de Adestradores de Elite que organiza a UEFA para técnicos de equipos da liga de Campións. Irureta coincidirá con Vicente do Bosque no voo Madrid-Xenebra. Tras as sesións de traballo, que serán toda a mañá de mañá mércores, Javier Irureta regresará á Coruña vía Madrid con chegada prevista á cidade ás 17.50 horas.Este mércores o equipo adestrarase ás 10:30 en Acea de Ama. A sesión será dirixida polo segundo adestrador, Paco Melo.
13/08/2002 12:26 |
Irureta, no Foro de Adestradores da UEFA
Javier Irureta asistirá os próximos 3 e 4 de setembro ao 4º Foro de Adestradores de Clubs de Alta Competición organizado pola UEFA. A reunión, que se celebrará en Nyon, contará coa asistencia dos técnicos de 16 clubs europeos, entre eles, os adestradores dos gañadores de UEFA Champions League desde 1994.
30/05/2002 13:13 |
Irureta e Tristán, finalistas nos premios da UEFA aos mellores da tempada
Javier Irureta, na categoría de mellor técnico, e Diego Tristán, como dianteiro, optan aos premios das estrelas da tempada que cada ano entrega a UEFA. Ambos foron preseleccionados pola UEFA e a decisión final será dos afeccionados a través das votacións en UEFA.com. Dáles o teu apoio..
28/05/2002 19:39 |
Entrevista a Javier Irureta e fillo
De novo unha publicación xaponesa fixouse no Deportivo e presenta nesta ocasión a seguinte entrevista realizada ao técnico do Deportivo e ao seu fillo Xabier.
14/05/2002 23:36 |
Tras 8 horas de intensas negociacións alcanzábase o acordo definitivo entre o Real Club Deportivo da Coruña e Javier Irureta, polo que o técnico vasco renova o seu contrato co Club por unha tempada máis.
26/02/2002 14:16 |
Javier Irureta manifestou este mediodía que gañar ante a Juventus "é fundamental, pero non decisivo, xa que restan outras dúas xornadas e teriamos que gañar outro encontro máis, porque con 7 puntos non se pasa". O técnico fixo un chamamento á afección "é un partido histórico ante un dos grandes de Europa" e engadiu "a ver se co apoio de todos podemos gozar dun bo encontro e, sobre todo, dunha vitoria".
29/01/2002 13:55 |
Irureta: É un partido importantísimo para a historia do Club
Javier Irureta destacou este mediodía a transcendencia do encontro ante o Figueres que os branquiazuis disputan este mércores en Riazor. O técnico lembrou que "é posible pasar á final, co que iso implica, que se alcanzou moi poucas veces na historia do Club" e engadiu que "conseguir a Copa suporía estar en Europa a próxima tempada xa desde o mes de febreiro". Pero sobre todo Irureta apelou ao crucial apoio da afección "un chamamento a esta gran afección, para que animen, para que veñan - a pesar de que é entre semana- e que non dean por feito nada, quedan 90 minutos e teremos que traballar moito para gañar e pasar".
22/10/2001 17:05 |
Irureta: Hai que pelexar máis que nunca
Javier Irureta apelou unha vez máis ao apoio da afección para superar ao Lille no enfrontamento de Liga de Campións deste martes. O técnico deportivista admitiu "estamos con moita moral aínda que somos conscientes de que o Lille nos vai a crear moitas complicacións, pero estamos no noso campo e esperamos que co apoio da afección, unha vez máis, podamos sacalo adiante". "Gañar -dixo- significaría dar un paso definitivo".