07/01/2015 19:21 |
Lopo vaticina un partido 'moi disputado' en Valencia, 'con dous equipos replegados atrás'
Alberto Lopo compareció esta mañana ante os medios informativos na sala de prensa de Abegondo. O central deportivista, con 381 partidos disputados en Primeira División, vaticina un partido "moi disputado" no Ciudat de Valencia ante o Levante este venres (20.45, Gol T e Canle + Liga). "Xogamos no seu campo, un campo difícil como é o do Levante. Empezaron mal como nós, sacaron uns bos resultados, puxéronse á vez como nós e vai ser un partido moi disputado. De gañar será unha vitoria moi importante", subliña Lopo.