RCD / Noticias por Etiquetas
RCD / Noticias por Etiquetas: luque

30/04/2005 14:44 |

Luque: Agora non hai que pensar no futuro senón en gañar mañá

Luque compareceu esta mañá na sala de prensa de 'O Mundo do Fútbol'. O dianteiro catalán cre que "agora non é o momento de pensar no futuro. Temos que pensar en gañar ao Sevilla". Di Luque que o partido no Sánchez Pizjuán é o máis complicado "porque o Sevilla está mellor clasificado que o Zaragoza e o Numancia, que son os dous que nos quedan fóra de casa".

18/04/2005 11:34 |

Luque, protagonista da canle americana World Soccer

Albert Luque será o protagonista da canle americana de televisión especializado en deportes World Soccer. Xornalistas desta cadea desprazaranse mañá ao adestramento do Deportivo en 'O Mundo do Fútbol' para realizar unha entrevista ao dianteiro deportivista, un dos xogadores que conta con máis caché en América.

14/04/2005 14:28 |

Luque: Se non corres, estás fodido

Luque compareceu esta mañá na sala de prensa de 'O Mundo do Fútbol'. O dianteiro catalán apela ao traballo para gañar mañá en Anoeta: "Se non corres, estás fodido". Admite que xogará en punta como único dianteiro, aínda que está convencido de que "o míster ten as súas ideas e cando Diego estea recuperado el ocupará ese lugar". Non cre que a súa posición en punta modifique o esquema do equipo. "Creo que non fixemos nada extraordinario esta semana. Imos xogar igual", asegura Albert Luque.

05/01/2005 13:48 |

Luque: 'O Mallorca irá cara arriba na segunda volta'

Un futbolista con pasado bermellón, Albert Luque, pasouse pola sala de prensa de 'O Mundo do Fútbol'. O dianteiro catalán cre que, coa chegada de Héctor Cúper, o Mallorca é "máis forte, máis consistente e por iso será máis complicado gañarlles". Luque está convencido de que o cadro balear irá para arriba na segunda volta.

04/01/2005 20:12 |

Visita ao Materno

Cinco xogadores deportivistas (Luque, Dani Mallo, Héctor, Valerón e Sergio) pasáronse esta mañá despois do adestramento matinal en Abegondo polo Hospital Materno Infantil Teresa Herrera para repartir agasallos doados por JOMA entre os nenos hospitalizados. Os futbolistas branquiazuis fixeron, coa súa simpatía, as delicias dos enfermos, dos pais e do persoal hospitalario. Entre os agasallos había mochilas, camisetas, riñoneras do Dépor e, por suposto, camisetas e pantalóns branquiazuis.

21/12/2004 14:28 |

Luque
"Merecémonos un pouco de carbón"

Albert Luque pasouse pola sala de prensa de 'O Mundo do Fútbol'. O atacante catalán confesou estar a pensar en lograr o tres puntos ante o Zaragoza e "logo marcharnos de vacacións para pensar moito". Cre Luque que o equipo "debe mellorar en todo, incluído en ganas e actitude. Se melloramos volveremos pronto a ser o equipo competitivo de antes".

09/12/2004 20:35 |

Catro xogadores do Deportivo participarán no partido contra a pobreza

Catro deportivistas, Luque, Molina, Tristán e Mauro Silva participarán o vindeiro martes 14 de decembro na segunda edición do Partido contra a Pobreza, que se celebrará no Santiago Bernabéu ás 20.45 horas, e que enfrontará a unha Selección de Amigos de Ronaldo contra unha Selección de Amigos de Zidane. Os fondos recadados serán destinados a proxectos de loita contra a pobreza a través do mundo.

12/11/2004 14:17 |

Luque e Valerón: Agora non estamos en condicións de pedir nada aos afeccionados

Albert Luque e Juan Carlos Valerón coincidiron esta mañá na sala de prensa de Abegondo nunha circunstacia: o persoal está en débeda cos afeccionados que cada fin de semana acoden a Riazor. "Non estamos en condicións de pedirlles nada. Está claro que necesitamos o seu apoio, pero se asubían están no seu dereito. O que debemos facer é marcar un gol pronto", dixo Luque. "Estou totalmente de acordo", ratificou a continuación Juan Carlos Valerón.

05/11/2004 20:01 |

Luque: Os xogadores tamén estamos fodidos

Albert Luque e Lionel Scaloni compareceron esta mañá ante os medios informativos. O dianteiro catalán cre que o Barça de agora "aínda está lonxe" daquel de Cruyff mundialmente coñecido como Dream Team, pero é da opinión que "agora mesmo preferiría un rival un pouco máis débil". Di Luque que "os xogadores estamos fodidos pola nosa situación, en metade da táboa e con moi poucas opcións en Europa, pero o que debemos facer é baixar a cabeza e seguir traballando".

04/10/2004 13:30 |

Luque e Capdevila, convocados por Aragonés

Os deportivistas Luque e Capdevila foron convocados esta mañá polo seleccionador español, Luís Aragonés, para os dous próximos compromisos de España, o primeiro deles ante Bélxica o vindeiro sábado. Os dous futbolistas incorporaranse esta tarde á concentración da selección española.

02/03/2004 21:45 |

Luque: O que me queira debe pasar pola Praza de Pontevedra

Albert Luque saíu esta mañá ao paso das informacións aparecidas en diversos medios de comunicación nacionais nas que se daba conta dunha comida na Coruña, horas antes do partido ante o Barcelona, entre os seus representantes e o secretario técnico do Barcelona, Txiqui Beguiristain. Luque, na sala de prensa de 'O Mundo do Fútbol', deixou ben claro que "o que teña interese en ficharme, debe ir á Praza de Pontevedra -sede do Deportivo- e preguntar polo presidente Lendoiro".

15/02/2004 16:53 |

Luque, á caza dun título

Poida que fose utilizado como recambio para compañeiros como Walter Pandiani ou Diego Tristán na súa primeira tempada no RC Deportivo A Coruña, pero na actual campaña, Albert Luque converteuse nun dos protagonistas.

06/02/2004 13:44 |

Luque: Debemos ter a pelota e levar o ritmo do partido

Luque compareceu esta mañá na sala de prensa da Cidade Deportiva de Abegondo "O Mundo do Fútbol". "Se queres ser campión de Liga, non podes deixarche puntos en sitios como Albacete", comenta o xogador deportivista, consciente da importancia do choque do próximo domingo no Carlos Belmonte.

09/01/2004 13:32 |

Luque pide o apoio dos afeccionados este domingo

Albert Luque pediu hoxe na sala de prensa de "O Mundo do Fútbol" o apoio dos afeccionados este domingo ante o Real Racing Club: "Pode ser unha xornada importante que nos meta na loita pola liga. Por iso quero pedir aos afeccionados que veñan ao Estadio, que nos apoien e poder sacar adiante estes dous partidos de casa".

01/01/2004 20:48 |

Luque recoñece que cada vez está máis cómodo na zurda

Albert Luque afirmou este xoves, en rolda de prensa en Abegondo, que o Deportivo "ten que saír a gañar a todos os campos". Para o dianteiro catalán, en Vigo, o Dépor debe impedir que "o Celta se adiante no marcador, porque nos pode pasar o do ano pasado". Respecto da súa posición sobre o campo, Luque recoñeceu estar xa máis asentado a xogar pola esquerda: "Cada vez estou máis cómodo. Aínda que se o míster decide que debo estar arriba, encantado. Eu o que quero é xogar, non estar aí sentado", resolveu un dos máximos artilleiros do Deportivo este ano.

29/08/2003 17:09 |

Luque, encantado coa confianza que lle demostrou o míster

Albert Luque tamén compareceu hoxe en rolda de prensa. O dianteiro catalán engloba ao Deportivo entre os favoritos: "Sempre parte de favorito en todas as competicións que dispute. Aínda que quizais o Real Madrid, por persoal, sexa o número uno na lista". No entanto, Luque lembrou que o ano pasado, tamén era o Madrid o candidato número uno e "non o gañou ata o final. Nós, a falta de cinco partidos, iamos de primeiros e se tivésemos algo máis de faísca, gañásemos a liga", lembrou.

30/05/2003 12:18 |

Luque: Mentres hai posibilidades hai que loitar

Albert Luque manifestou esta mañá "nós somos os primeiros interesados en seguir loitando polo título, pero está máis complicado que antes" e engadiu "mentres existan posibilidades hai que loitar, nós somos os primeiros que non queremos perder e hai que aproveitar as oportunidades".

03/03/2003 22:05 |

Luque admite que volver a Son Moix será especial

O dianteiro deportivista Albert Luque, un dos destacados do Sardinero, admitiu hoxe en rolda de prensa que volver a Son Moix sempre é especial: "É un club e unha cidade na que teño moitos amigos. Pasei momentos moi bos e a eles débolles moito", indicou un dos ex-mallorquinistas do vestiario de Riazor, ademais de Tristán, Romeu e Valerón.

27/01/2003 13:16 |

Luque: O perdido co Espanyol temos que ir gañalo a Sevilla

Albert Luque, que tivo que ser substituído á media hora de xogo en Montjuic ao sufrir un golpe, compareción esta mañá en rolda de prensa para comentar como evoluciona e confirmou "aínda me doe un pouquiño pero vai mellor" aínda que non quixo falar de prazos "aínda non se falou nada, pero depende de como me atope, se cadra son dúbida para Murcia pero podo estar para o Betis".

1-27 de 29
Tags máis utilizados