RCD / Noticias por Etiquetas
RCD / Noticias por Etiquetas: manuel-pablo-1

08/03/2007 18:52 |

Manuel Pablo: Os contratos están para cumprilos. Eu sempre o digo

Manuel Pablo, un dos capitáns do Deportivo, compareceu esta mañá na sala de prensa do Mundo do Fútbol. O defensor branquiazul afirma que o equipo "ten claro cal é a liña a seguir". Respecto ao Atlético de Madrid, defendeu a amplitude do persoal branquivermello, por iso, "seguro que os que xoguen en lugar de Perea e Pablo van querer demostrar que son xogadores aptos para o equipo".

20/04/2005 20:54 |

Manuel Pablo animou telefonicamente a un mozo que tamén sufriu fractura de morna e peroné

Manuel Pablo tivo hoxe en 'O Mundo do Fútbol' un xesto que demostra a súa grandeza humana. O club recibiu estes días unha chamada dun dos responsables da Escola de Fútbol Valdemoro, nos arredores de Madrid, que move máis de 300 rapaces. Un dos seus mozos, Sergio Salvador, un centrocampista cadete, tivo este fin de semana unha lesión moi grave, idéntica á que sufriu Manuel Pablo nun fatídico encontro ante o Celta en Riazor.

25/02/2005 19:54 |

Hoxe en Depor Sport...
Manuel Pablo: "non podemos saír a especular"

Apesar de que foi de forma virtual, Manuel Pablo ensinou a Dépor Sport, o xornal oficial do Deportivo, o camiño para superar ao Real Madrid en Riazor. O xogador canario aceptou o reto deste xornal e demostrou que non só se manexa á perfección no terreo de xogo real, se non tamén cunha videoconsola. O Madrid caeu en Riazor por 2-1. Oxalá que sexa un presaxio para mañá.Como afronta o persoal o encontro ante o Madrid?Sabemos que un partido importante ante un rival moi forte e que atrae moito á afección, no que o campo se enche.

17/11/2004 14:02 |

Molina: "O único que nos falta é encadear dúas vitorias seguidas"

Hoxe dous clásicos do Deportivo pasáronse pola sala de prensa de 'O Mundo do Fútbol': Molina e Manuel Pablo. Segundo unha estatística publicada o pasado mes de outubro polo Diario Marca, a meta valenciano e o lateral marchan en quinta e sexta posición no ranking de xogadores máis utilizados por Javier Irureta desde que este chegou ao Deportivo. Concretamente Molina disputou co técnico vasco un total de 10.884 minutos en Liga e Manuel Pablo 10.595. E iso que o defensor deportivista estivo varios meses sen xogar por unha fractura de morna e peroné. O líder da clasificación é, destacado, Mauro Silva (16.111 minutos de xogo) polos 14.840 de Romeu, segundo. Fran (11.707) e Víctor (11.883) ocupan a terceira e cuarta posición.

17/11/2004 13:59 | Fabril

O Deportivo adestrou esta mañá con catro fabrilistas

Xa advertira onte Javier Irureta en sala de prensa de 'O Mundo do Fútbol' que de novo convocaría a varios fabrilistas para os adestramentos do primeiro equipo. E así sucedeu esta mañá en Abegondo. Antonio, Pita, Ramón e Pablo Fernández traballaron ás ordes do técnico vasco.

15/07/2004 21:01 |

Tristán: Este equipo ten gol. Se faltaron algúns a tempada pasada foron os meus.

Diego Tristán compareceu esta mañá na sala de prensa do Hotel Villamartín de Vilalba. O dianteiro sevillano culminou con éxito as primeiras sesións, normalmente as máis duras da tempada. Tristán non se atreve a vaticinar un número de goles pero espera coller este ano o refacho goleador. Di que o Deportivo, a tempada pasada, tivo gol: "Se faltaron algúns tantos o ano pasado, foron os meus".

02/02/2004 13:38 |

'Temos que sacar o partido do Albacete como sexa', admite Manuel Pablo

Manuel Pablo compareceu esta mañá na sala de prensa de "O Mundo do Fútbol". O lateral grancanario considera que o partido de Albacete é case como unha final: "Temos que sacar o partido adiante como sexa. Se nós perdemos e gañan os que están por arriba, serían xa case tres partidos de desvantaxe. Suporía que teriamos que facer un pleno para collelos. E iso é moi complicado", resume.

25/08/2003 13:57 |

É fundamental encher Riazor

Esta é a idea que predomina en todo o persoal deportivista que esta mañá traballou na Magdalena. Tanto o técnico, Javier Irureta, como Diego Tristán e Manuel Pablo coincidiron na transcendencia do encontro e na necesidade do apoio da afección.

10/04/2003 13:24 |

Manuel Pablo: Aspiramos a todo na liga

Manuel Pablo está con ganas de continuar como titular "todos estamos con ganas de xogar, pero non son eu o que decide, é o míster." Ademais, a comentarios dos medios sobre a súa boa actuación a pasada xornada, o xogador deixou claro "todos os dese posto fixérono ben, tanto Héctor, como Leo... e é normal que todos queiramos xogar."

20/12/2002 11:17 |

Manuel Pablo e Valerón, Trofeos ao Infortunio

Os deportivistas Manuel Pablo e Valerón recolleron onte á noite os TROFEOS Ao INFORTUNIO organizados pola a Pena Doutor Cobián, que se conceden ao xogador máis desafortunado coas lesións, e que máis tivo que pasar polas mans do Doutor Cesar Cobián.

10/09/2002 13:02 |

Manuel Pablo: Vou sentir algo especial

Manuel Pablo está ante un das citas da súa vida. Case un ano despois da súa rotura de morna e peroné, o lateral grancanario regresa ao campo onde creceu como profesional, disposto a reaparecer en partido oficial. Será mañá ante o Corralejo das Palmas. "Seguro que vou sentir algo especial. Alí formeime como futbolista e seguro que cando salte ao campo, sentirei algo especial", manifestou Manuel Pablo hoxe en rolda de prensa en Riazor, minutos antes de subirse ao autocar do equipo.

04/10/2001 19:05 |

Manuel Pablo: Só teño palabras de agradecemento

Manuel Pablo García Díaz comparecía esta tarde ante os medios de comunicación para agradecer o interese de afeccionados, amigos, deportistas e institucións que se envorcaron con el e a súa familia tras a súa desgraciada lesión do domingo no Deportivo - Celta. O xogador mostrouse moi animado, emocionado polas mostras de apoio e prudente en canto a prazos de recuperación. O Dr. Arriaza, Xefe de Servizo de Traumatología do Hospital Santa Teresa afirmou que o xogador se irá para casa cando a medicación estea controlada e, por comodidade, poida ser oral. "Talvez en dous ou tres días", afirmou.

25/05/2001 15:29 |

Tristán, Valerón e Manuel Pablo coa selección

Diego Tristán, Valerón e Manuel Pablo forman parte da convocatoria que este medio día deu a coñecer o seleccionador nacional, Jose Antonio Camacho, para disputar os dous próximos partidos oficiais da selección, correspondentes á fase de clasificación do Mundial 2002, fronte a Bosnia e Israel.

163-179 de 179
Tags máis utilizados