RCD / Noticias por Etiquetas
RCD / Noticias por Etiquetas: manuel-pablo

25/02/2005 19:54 |

Hoxe en Depor Sport...
Manuel Pablo: "non podemos saír a especular"

Apesar de que foi de forma virtual, Manuel Pablo ensinou a Dépor Sport, o xornal oficial do Deportivo, o camiño para superar ao Real Madrid en Riazor. O xogador canario aceptou o reto deste xornal e demostrou que non só se manexa á perfección no terreo de xogo real, se non tamén cunha videoconsola. O Madrid caeu en Riazor por 2-1. Oxalá que sexa un presaxio para mañá.Como afronta o persoal o encontro ante o Madrid?Sabemos que un partido importante ante un rival moi forte e que atrae moito á afección, no que o campo se enche.

17/11/2004 14:02 |

Molina: "O único que nos falta é encadear dúas vitorias seguidas"

Hoxe dous clásicos do Deportivo pasáronse pola sala de prensa de 'O Mundo do Fútbol': Molina e Manuel Pablo. Segundo unha estatística publicada o pasado mes de outubro polo Diario Marca, a meta valenciano e o lateral marchan en quinta e sexta posición no ranking de xogadores máis utilizados por Javier Irureta desde que este chegou ao Deportivo. Concretamente Molina disputou co técnico vasco un total de 10.884 minutos en Liga e Manuel Pablo 10.595. E iso que o defensor deportivista estivo varios meses sen xogar por unha fractura de morna e peroné. O líder da clasificación é, destacado, Mauro Silva (16.111 minutos de xogo) polos 14.840 de Romeu, segundo. Fran (11.707) e Víctor (11.883) ocupan a terceira e cuarta posición.

17/11/2004 13:59 | Fabril

O Deportivo adestrou esta mañá con catro fabrilistas

Xa advertira onte Javier Irureta en sala de prensa de 'O Mundo do Fútbol' que de novo convocaría a varios fabrilistas para os adestramentos do primeiro equipo. E así sucedeu esta mañá en Abegondo. Antonio, Pita, Ramón e Pablo Fernández traballaron ás ordes do técnico vasco.

15/07/2004 21:01 |

Tristán: Este equipo ten gol. Se faltaron algúns a tempada pasada foron os meus.

Diego Tristán compareceu esta mañá na sala de prensa do Hotel Villamartín de Vilalba. O dianteiro sevillano culminou con éxito as primeiras sesións, normalmente as máis duras da tempada. Tristán non se atreve a vaticinar un número de goles pero espera coller este ano o refacho goleador. Di que o Deportivo, a tempada pasada, tivo gol: "Se faltaron algúns tantos o ano pasado, foron os meus".

02/02/2004 13:38 |

'Temos que sacar o partido do Albacete como sexa', admite Manuel Pablo

Manuel Pablo compareceu esta mañá na sala de prensa de "O Mundo do Fútbol". O lateral grancanario considera que o partido de Albacete é case como unha final: "Temos que sacar o partido adiante como sexa. Se nós perdemos e gañan os que están por arriba, serían xa case tres partidos de desvantaxe. Suporía que teriamos que facer un pleno para collelos. E iso é moi complicado", resume.

25/08/2003 13:57 |

É fundamental encher Riazor

Esta é a idea que predomina en todo o persoal deportivista que esta mañá traballou na Magdalena. Tanto o técnico, Javier Irureta, como Diego Tristán e Manuel Pablo coincidiron na transcendencia do encontro e na necesidade do apoio da afección.

10/04/2003 13:24 |

Manuel Pablo: Aspiramos a todo na liga

Manuel Pablo está con ganas de continuar como titular "todos estamos con ganas de xogar, pero non son eu o que decide, é o míster." Ademais, a comentarios dos medios sobre a súa boa actuación a pasada xornada, o xogador deixou claro "todos os dese posto fixérono ben, tanto Héctor, como Leo... e é normal que todos queiramos xogar."

20/12/2002 11:17 |

Manuel Pablo e Valerón, Trofeos ao Infortunio

Os deportivistas Manuel Pablo e Valerón recolleron onte á noite os TROFEOS Ao INFORTUNIO organizados pola a Pena Doutor Cobián, que se conceden ao xogador máis desafortunado coas lesións, e que máis tivo que pasar polas mans do Doutor Cesar Cobián.

10/09/2002 13:02 |

Manuel Pablo: Vou sentir algo especial

Manuel Pablo está ante un das citas da súa vida. Case un ano despois da súa rotura de morna e peroné, o lateral grancanario regresa ao campo onde creceu como profesional, disposto a reaparecer en partido oficial. Será mañá ante o Corralejo das Palmas. "Seguro que vou sentir algo especial. Alí formeime como futbolista e seguro que cando salte ao campo, sentirei algo especial", manifestou Manuel Pablo hoxe en rolda de prensa en Riazor, minutos antes de subirse ao autocar do equipo.

04/10/2001 19:05 |

Manuel Pablo: Só teño palabras de agradecemento

Manuel Pablo García Díaz comparecía esta tarde ante os medios de comunicación para agradecer o interese de afeccionados, amigos, deportistas e institucións que se envorcaron con el e a súa familia tras a súa desgraciada lesión do domingo no Deportivo - Celta. O xogador mostrouse moi animado, emocionado polas mostras de apoio e prudente en canto a prazos de recuperación. O Dr. Arriaza, Xefe de Servizo de Traumatología do Hospital Santa Teresa afirmou que o xogador se irá para casa cando a medicación estea controlada e, por comodidade, poida ser oral. "Talvez en dous ou tres días", afirmou.

25/05/2001 15:29 |

Tristán, Valerón e Manuel Pablo coa selección

Diego Tristán, Valerón e Manuel Pablo forman parte da convocatoria que este medio día deu a coñecer o seleccionador nacional, Jose Antonio Camacho, para disputar os dous próximos partidos oficiais da selección, correspondentes á fase de clasificación do Mundial 2002, fronte a Bosnia e Israel.

109-122 de 122
Tags máis utilizados