11/04/2018 20:18 | / OSNOSOS / PORTADA
15/04/2017 15:46 | / PORTADA
13/04/2017 12:45 | / PORTADA
Mauro Silva recibirá o agarimo de Riazor no partido do sábado
06/06/2005 12:57 |
Mauro Silva: Lendoiro ofreceume a renovación estando lesionado de gravidade nun nocello
Mauro Silva é hoxe protagonista na páxina web da Uefa. O campión do mundo analiza, tras pasar uns días da súa retirada, o seu paso polo Real Club Deportivo. Di que se deu conta de que non podía vestir outra camiseta, comprende o adeus de Javier Irureta -"tivo unha traxectoria excepcional, aínda que a necesidade de cambiar é lei de vida e sempre chega, por desgraza"-, desvela que quedou no Deportivo porque sentiu identificado coa cidade e o club "e porque vía que o club se esforzaba economicamente, tratando de igualar a outros clubs importantes".
20/05/2005 18:59 |
Mauro Silva: Sempre levarei A Coruña no corazón
Mauro Silva, tamén visiblemente emocionado, compareceu ante os medios informativos en 'O Mundo do Fútbol'. O brasileiro ultima a súa recuperación para poder estar mañá sábado sen ningún problema físico ás ordes de Javier Irureta.
09/05/2005 12:24 |
Mauro Silva será o protagonista hoxe no máis Plus
Mauro Silva será o protagonista de hoxe luns no programa O Máis Plus que emite de luns a venres Canle Plus, en directo a partir das 15:30 horas.
04/05/2005 13:04 |
Mauro Silva: Quero despedirme ante o Mallorca dos afeccionados que tanto agarimo me deron
O Deportivo exercitouse esta mañá en Abegondo coa presenza dos dous canteiráns, Xisco e Jonathan, e as baixas dos lesionados Tristán, Scaloni, Mauro Silva e Pablo Amo. Fran, que segue con algunha molestia nun nocello, completou a sesión con normalidade. Pola súa banda, Mauro Silva afirmou na sala de prensa de 'O Mundo do Fútbol' que o seu gran obxectivo é "poder despedirme no terreo de xogo ante o Mallorca en Riazor. Non falei aínda co adestrador, pero aínda que sexa só cinco minutos quero agradecerlle á xente o agarimo que me deu todo este tempo"..
21/04/2005 12:38 |
Mauro Silva, protagonista do programa O máis Plus
Mauro Silva será protagonista o vindeiro luns 9 de maio do programa O Máis Plus que emite diariamente en aberto Canle Plus.
18/04/2005 20:24 |
Hoxe en DeporSport
Mauro Silva: Hai que dar a cara e comprometerse
Mauro Silva, o gran capitán, reflexiona hoxe en Dépor Sport, o xornal oficial do Deportivo, sobre a derrota en Anoeta e o que resta de tempada. Por favor. Explíqueme que pasou ante a Real? Ao equipo faltoulle pegada. Non fomos capaces de resolver o partido en momentos puntuais. Cando temos que reafirmarnos é cando non conseguimos a vitoria. Estamos decepcionados e tristes, pero hai que insistir e loitar. Despois de tantos anos moi bos, está a tocarnos sufrir. Iso ocorre en moitos equipos. Hai que seguir loitando e demostrar profesionalidade.
04/04/2005 13:24 |
Mauro Silva: Agora non podemos fallar
Mauro Silva compareceu na sala de prensa de 'O Mundo do Fútbol'. O capitán deportivista eloxiou ao Vilarreal, próximo rival en Riazor -o domingo ás 21:00 horas- e insistiu en que "agora non podemos fallar". Di atoparse ben fisicamente e tamén lembrou "que teño sete días para recuperar. E iso está moi ben". Mostrouse "encantado" de poder seguir axudando ao equipo, "sobre todo agora, que me chega a despedida".
09/02/2005 19:36 |
Hoxe en Depor Sport...
Mauro Silva:
Mauro Silva, un dos grandes capitáns do Deportivo en toda a súa historia, se sincera hoxe mércores nas páxinas de Dépor Sport. "O Depor non é un equipo feito para estar en metade da táboa, senón para competir cos mellores de Europa. Eu gocei moito con todo o que pasou co equipo, pero hai que ser realistas e saber que A Coruña ten as súas limitacións. É unha cidade fantástica para vivir. A xente respira fútbol dunha maneira moi intensa, pero son 250.000 habitantes e á hora de xerar ingresos non se pode permitir certos luxos como o Barcelona. Alí, despois do que pasou con Gaspart, chega Laporta e simplemente desfai o equipo para facer outro gastando 60 millóns de euros. Ou o Madrid. Un caso similar. E nós temos que competir con estes equipos nunha situación moi distinta, porque non nos podemos permitir eses luxos", razoa o campéon do mundo.
09/01/2005 21:53 |
Mauro Silva sufriu un tirón nun adductor
Mauro Silva sufriu en Son Moix, nunha xogada totalmente fortuíta, un tirón nun adductor. No entanto, este luns realizaránselle unhas probas médicas que determinarán exactamente o alcance da súa lesión.
21/12/2004 12:43 |
Mauro Silva
"Eu sigo confiando en Riazor"
Tras o adestramento previo ao partido ante o Zaragoza de mañá mércores en Riazor (20.00 horas), Mauro Silva compareceu hoxe ante os medios informativos na sala de prensa de 'O Mundo do Fútbol'. O capitán deportivista cre que o próximo parón do Nadal "virá moi ben ao equipo, tal e como estamos nós. Eliminados da Copa e da liga de Campións, opino que será moi positivo máis desde o punto de vista psicolóxico que físico irnos para as nosas casas. Loxicamente será moito mellor se gañamos mañá".
13/12/2004 19:01 |
Mauro Silva opina que non se pode achacar ao equipo falta de oficio
Mauro Silva compareceu esta mañá na sala de prensa de 'O Mundo do Fútbol'. Cre que o gol do empate sevillista, recibido o pasado domingo no desconto do partido ante o Sevilla, non se lle pode achacar á falta de oficio do persoal: "Neste últimos cinco anos non podemos desprezar a traxectoria do equipo, que obtivo vitorias moi importantes tanto a nivel español como a nivel europeo, na liga de Campións. Opino que en absoluto houbo falta de oficio".
09/12/2004 20:35 |
Catro xogadores do Deportivo participarán no partido contra a pobreza
Catro deportivistas, Luque, Molina, Tristán e Mauro Silva participarán o vindeiro martes 14 de decembro na segunda edición do Partido contra a Pobreza, que se celebrará no Santiago Bernabéu ás 20.45 horas, e que enfrontará a unha Selección de Amigos de Ronaldo contra unha Selección de Amigos de Zidane. Os fondos recadados serán destinados a proxectos de loita contra a pobreza a través do mundo.
03/12/2004 13:32 |
Tristán adestrouse hoxe no Mundo do Fútbol e espera estar xa preparado a próxima semana
A evolución da lesión de Diego Tristán marcha vento en popa. Tras regresar onte de Andalucía, o futbolista exercitouse esta mañá en 'O Mundo do Fútbol' co readaptador físico, Carlos Lalín. Diego Tristán indicou, camiño xa dos vestiarios, que "espero estar xa preparado a próxima semana".
20/10/2004 20:04 |
Parte médico do xogador Mauro Silva
O xogador Mauro Silva, durante o transcurso do partido entre o Deportivo e o Liverpool disputado en Anfield, sufriu unha contractura no bíceps femoral da coxa dereita.
18/10/2004 17:15 |
Mauro Silva: Que todos esteamos a disposición do técnico é importante
A escasos dez minutos de Anfield atópase o hotel do Deportivo en Liverpool, o Marriot. Nada máis chegar, Mauro Silva e Javier Irureta protagonizaron a rolda de prensa oficial previa ao encontro. O capitán deportivista xulga importante "que todos, cuantos máis mellor, esteamos a disposición do adestrador". Di que se sae finalmente a xogar mañá, "non me afectará en absoluto que non puidese finalizar os partidos que dispute ata o momento. Cando un salta ao campo, faino sempre pensando en facelo o mellor posible"..
20/09/2004 14:27 |
Mauro Silva apadriña á Pena Ribeira de Sada
Un dos buques-insignia do deportivismo, Mauro Silva, apadriñará o vindeiro xoves 30 de setembro ás 21:00 horas á Pena Ribeira de Sada. O acto terá lugar na vila sadense, na sede social da citada pena deportivista, unha das máis activas do club, no Bar A Nosa Viña.
13/09/2004 13:35 |
Víctor tamén será baixa ante o Olympiacos
A mala sorte cebouse co Deportivo. Víctor Sánchez será baixa ante o Olympiakos debido a unha tendinite nos isquitibiales. O doutor César Cobián estima que en tres ou catro días de tratamento poderase incorporar de novo ao resto do grupo.
28/07/2004 20:40 |
Mauro Silva: Toda a pretemporada vira ao redor da previa da liga de Campións
Mauro Silva pasouse esta mañá pola sala de prensa de 'O Mundo do Fútbol'. O capitán deportivista asegurou que o grupo traballa desde o primeiro día coa mente posta na eliminatoria previa da liga de Campións. O internacional desexa iso si "un rival algo máis cómodo que o da tempada pasada -o Rosenborg de Noruega- aínda que non te podes fiar de ningún deles".
04/03/2004 20:44 |
Mauro: Aprobo que haxa concordia entre as afeccións
Mauro Silva afirmou na sala de prensa de 'O Mundo do Fútbol' que ve con moi bos ollos a reconciliación das afeccións de Deportivo e Valencia: "É bo que haxa rivalidade, pero que todo quede en animar ao equipo e nada máis. Nós os xogadores no campo darémolo todo para gañar, pero despois todo se acaba cando pita o árbitro. E iso mesmo debe suceder coas afeccións. Que haxa unha rivalidade sa", indicou Mauro Silva.
28/02/2004 14:19 |
Mauro: O Barça non é Ronaldinho e dez máis
Mauro Silva compareceu esta mañá na sala de prensa de 'O Mundo do Fútbol'. O brasileiro cre que o Barcelona "non é só Ronaldinho e dez máis. En ningún equipo do mundo pasa iso. O que ocorre é que é un gran xogador, pero ten detrás un bo traballo de todos". Mauro define ao fútbol como un estado de ánimo, "e por iso o Barça está nun bo momento". Un dos capitáns deportivistas lembra que o equipo catalán tivo que xogar Copa da UEFA o pasado xoves, 24 horas despois do Deportivo, e ademais realizou unha viaxe longa ata Dinamarca. "Podería pasarlles factura ao longo do partido", estima Mauro Silva.
04/02/2004 11:25 |
A web da UEFA fíxase en Mauro e Valerón
A páxina web oficial da UEFA entrevistou a dúas dos futbolistas máis emblemáticos do Deportivo, Mauro Silva e Valerón. O campión do mundo fala sobre a próxima eliminatoria da liga de Campións ante a Juventus.
12/01/2004 20:42 |
Mauro renova por un ano e anuncia que se retirará no Deportivo
Mauro Silva cumpre hoxe 36 anos e que mellor forma de celebralo que asinando a súa renovación co Real Club Deportivo da Coruña para a tempada 2004 - 2005. O xogador aproveitou o momento do anuncio da súa renovación para confirmar "o 30 de xuño de 2005 deixo o fútbol profesional".
10/01/2004 20:48 |
Mauro pide aparcar de momento o tema da súa renovación
Mauro Silva compareceu esta mañá na sala de prensa do Estadio de Riazor. Antes de falar do partido ante o Real Racing Club, o brasileiro quixo resolver o tema da súa renovación: "Mantivemos unha reunión o presidente e eu; e só nós dous sabemos como está a situación agora mesmo. Lin cousas nos medios de comunicación por exemplo que pedín dous anos, que se mo pensarei nun mes, que se o teño que consultar coa familia... que creo que poden facer que o tema cobre un rumbo que non me gusta. Eu só vos pido que de momento deixemos de falar deste tema, que considero que se debe de tratar con responsabilidade, serenidade e tranquilidade. Temos tempo para iso e ademais hai moi boa sintonía entre as dúas partes. Pero en calquera caso, eu nunca condicionarei a miña renovación ao tema económico.
29/08/2003 17:35 |
Mauro Silva non quere confianzas para a liga de Campións
Mauro Silva mostrouse hoxe prudente na valoración do sorteo de onte da liga de Campións. "Nunca se sabe o que pode pasar. Hai que afrontar a competición mentalizados e preparados", comentou un dos capitáns do equipo, quen toma como referencia á eliminatoria previa disputada recentemente polo Deportivo: "Xa vimos o que nos custou eliminar ao Rosenborg. O que si é unha satisfacción é ser cabeza de serie", comentou.