22/01/2004 13:04 |
Resonancia magnética a Pandiani
Foron varios os futbolistas do Deportivo que tiveron que descansar
esta mañá e que, por tanto, non se adestraron co resto na Cidade
Deportiva de Abegondo "O Mundo do Fútbol". Concretamente Luque, Tristán,
Djalminha, Pandiani e Pablo Amo traballaron á marxe do grupo. Deles, o doutor César Cobián aclarou que Djalminha sofre unha lixeira
dor nas costas e Tristán "ten un golpe nun pé do pasado domingo. Esta mañá
só fixo carreira e pola tarde esperemos que os dous xa estean co
grupo". Respecto de Pandiani, que ten unhas molestias na rótula, "ao longo do
día de hoxe faráselle unha resonancia magnética e a partir de aí
comunicaremos os resultados e decidiremos o tratamento para aliviar esas
dores", explicou Cobián, quen asegurou non estar preocupado por esta lesión do
dianteiro internacional uruguaio.