RCD / Noticias por Etiquetas
RCD / Noticias por Etiquetas: scaloni

24/11/2005 22:03 |

Scaloni anuncia que cumprirá o seu contrato co Deportivo e regresará despois ao fútbol arxentino

O capitán do Deportivo, Lionel Scaloni, quixo hoxe xoves na sala de prensa de 'O Mundo do Fútbol' ratificar as declaracións que efectuou na Cadea Ser onte mércores nas que afirmaba que o seu desexo era cumprir o seu contrato no Deportivo, que expira en xuño de 2007, e posteriormente regresar ao seu país, para acabar a súa carreira profesional no Estudantes.

30/12/2004 19:38 |

Scaloni goleou ante Catalunya

O deportivista Scaloni foi o autor do primeiro do tres goles cos que a súa selección, Arxentina, derrotou onte a Catalunya no Camp Nou. Tamén xogou Duscher coa albiceleste; mentres que Sergio e Capdevila fixérono co combinado catalán. Faltou Luque, afectado de algo de gripe.

05/11/2004 20:01 |

Luque: Os xogadores tamén estamos fodidos

Albert Luque e Lionel Scaloni compareceron esta mañá ante os medios informativos. O dianteiro catalán cre que o Barça de agora "aínda está lonxe" daquel de Cruyff mundialmente coñecido como Dream Team, pero é da opinión que "agora mesmo preferiría un rival un pouco máis débil". Di Luque que "os xogadores estamos fodidos pola nosa situación, en metade da táboa e con moi poucas opcións en Europa, pero o que debemos facer é baixar a cabeza e seguir traballando".

03/11/2004 14:19 |

Pekerman convoca a Scaloni para o Arxentina - Venezuela

O deportivista Lionel Scaloni segue entrando nos plans do seleccionador de Arxentina, José Pekerman. Así, o técnico da albiceleste citou ao polivalente xogador branquiazul para o próximo Arxentina-Venezuela que se disputará o próximo 17 de novembro en Buenos Aires e que será clasificatorio para o Mundial de 2006.

27/09/2004 20:40 |

Scaloni e Pandiani, convocados

Os deportivistas Walter Pandiani e Lionel Scaloni foron convocados polas súas respectivas seleccións nacionais para o Arxentina - Uruguai do próximo 9 de outubro en Buenos Aires.

08/09/2004 13:29 |

Scaloni traballou hoxe co resto de compañeiros

Lionel Scaloni foi a gran novidade no adestramento desta mañá en "O Mundo do Fútbol". O centrocampista branquiazul regresou da convocatoria de Marcelo Bielsa, seleccionador arxentino, para o partido Perú-Arxentina clasificatorio para o Mundial de Alemaña 2006.

25/08/2004 21:13 |

Scaloni, convocado para o Perú -Arxentina

Lionel Scaloni foi convocado polo seleccionador arxentino para o encontro Peru-Arxentina que se celebrará en Lima (Perú) o próximo 4 de setembro. Este xoves, Luiz Felipe Scolari, seleccionador de Portugal, facilitará a lista de convocados do combinado luso para dous partidos, o catro e o oito de setembro, clasificatorios para o Mundial de 2006. Andrade está na preselección.

28/07/2004 20:40 |

Mauro Silva: Toda a pretemporada vira ao redor da previa da liga de Campións

Mauro Silva pasouse esta mañá pola sala de prensa de 'O Mundo do Fútbol'. O capitán deportivista asegurou que o grupo traballa desde o primeiro día coa mente posta na eliminatoria previa da liga de Campións. O internacional desexa iso si "un rival algo máis cómodo que o da tempada pasada -o Rosenborg de Noruega- aínda que non te podes fiar de ningún deles".

05/03/2004 21:08 |

Scaloni vaticina un encontro 'lindo'

Lionel Scaloni vaticinou hoxe na sala de prensa de 'O Mundo do Fútbol' un encontro "lindo" entre a Valencia e o Deportivo. Scaloni asegura que "neste momento, e tal como está o Madrid, quedar segundos é ser campións morais", á vez que estima que non ten ningún problema en adiantar a súa posición no terreo de xogo, como presumiblemente ocorrerá mañá sábado, e ocupar a demarcación de Víctor, que quedou na Coruña: "O importante é estar no equipo. Despois dá igual onde sexa".

05/02/2004 13:22 |

Scaloni: Se xogo fareino sen ningún complexo

Scaloni é un dos comodines do que frecuentemente bota man Javier Irureta antes e durante os partidos. Desde que chegou ao Deportivo (xaneiro de 1998), a afección deportivista viuno xogar de lateral destro, interior e nalgunha que outra ocasión, de pivote. En Albacete, e ante a sanción por un partido a Sergio, o italo-arxentino podería ocupar a posición de medio-centro, á beira de Mauro Silva. É unha das opcións que baralla o técnico vasco. As outras dúas son as de Fran e Djalminha. Hoxe, na pachanga disputada en "O Mundo do Fútbol" situou no mesmo equipo a Mauro, Scaloni e Fran. "Hoxe desde logo non me comentou nada. Onte mércores si que fixen algún movemento nesta posición", recoñeceu Scaloni na sala de prensa de Abegondo. Desde logo, o xogador deportivista promete que sairá a xogar "sen ningún complexo. Como en calquera outra posición".

17/07/2002 12:59 |

Scaloni: Por unha tempada como a pasada

Lionel Scaloni compareceu ante os medios de comunicación tras a sesión de traballo matinal en Vilalba. O xogador deportivista pediu que esta campaña "sexa polo menos como a pasada, que a nivel persoal e de grupo foi moi boa".

1-25 de 25
Tags máis utilizados