
Henrique Tello, voceiro do BNG: O tranvía custou catro veces máis co Estadio de Riazor
O portavoz do Bloque Nacionalista Galego na Coruña, Henrique Tello, quixo responder ás declaracións que sobre o Deportivo realizou Francisco Vázquez, o pasado día 3 de xuño para o programa Deporte Total de Telecoruña. Neste espacio televisivo o alcalde
¿Qué opinión lle merece a relación que o Goberno municipal ten co Deportivo?
Desgraciadamente esas relacións non son nin foron nunca boas. Eu teño denunciado máis de mil veces que as polémicas entre Vázquez e Lendoiro nos costaban ós cidadáns máis de mil millóns de pesetas. Non houbo un bo acordo para solucionar o Teresa Herrera nin para a ampliación do estadio, e as relacións son tan malas que ainda estamos esperando que se reciba ó Deportivo por gañar a Copa do Centenariazo. Efectivamente, as relacións non é que sean malas é que son pésimas e que ninguén o queira ocultar porque no Concello nunca se tivo unha boa predisposición por culpa dunha rencilla personal.
¿Cree que o Concello debería aceptar a reunión que lle ven solicitando o presidente do Deportivo dende hai case tres anos?
Sí. Hai moitas razóns para reunirse porque, de entrada, o Deportivo é inquilino
dunha instalación municipal que probablemente necesite unha remodelación todos
os anos. Pero tamén para decidir de que maneira se pode sacar un beneficio
mutuo. O Deportivo puido ser un representante moi digno e moi bo da cidade e o
consorcio de turismo debía ter unha relación cuase permanente con él pola
trascendencia que ten. Eu creo que o Deportivo pode ser unha fonte permanente de
riqueza para a cidade, unha máis.
Según as declaracións de Francisco Vázquez o maior investimento realizado polo
seu Goberno foi no estadio.
Iso é mentira, en números redondos é mentira porque a maior inversión do
Concello polo momento está sendo a planta de Nostián e ainda non sabemos canto
nos vai costar. O tranvía, por exemplo, custou infinitamente máis que a
remodelación do estadio. Custou catro veces máis. E logo cando foi a inversión
do estadio, o Deportivo que eu saiba non solicitou ningún tipo de axuda a
ningunha institución. O concello nun momento determinado dixo ‘yo mismo conmigo’
e decidiu afrontala. Moi mal, por certo, porque despois houbo que refacer a
grada dos egipcios que quedou lateral. Houbo unha axuda que sí foi importante
pero en absoluto foi o máis grande.
O BNG de Ferrol e Pontevedra decidiron participar na ampliación de capital dos clubes de estas cidades, ¿aquí debería pasar o mesmo?
Eu creo que o tema económico podería abordarse por outro lado. Teñen que buscarse outras vías. Se houbese unha boa relación, toda a xestión e o aproveitamento da parte posterior do estadio podería ser pública e podería estar xestionada polo Deportivo. Eso é unha idea que a min se me ocorreu un día e creo que o Deportivo xa intentou facelo e quedou en nada.
¿Cal sería a solución máis axeitada?
Habería que establecer unha cooperación porque ainda sendo de uso público e con independencia da bonificación que leven os socios, sería igual porque senón fose o Deportivo serían outras entidades. Aproveitar todo o complexo de Riazor podería ser moi beneficioso para o clube e paralelamente moi beneficioso para a cidade porque o Deportivo estaría obligado a realizar unha serie de inversións que redundarían en beneficios para o Concello. Pero non, agora vaise facer unha instalación coa Casa da Auga que en principio iba a ser municipal pero desgraciadamente lla van a dar a unha empresa privada para que a xestione.
¿Qué lle parece a posibilidade de facer un estadio fora da cidade?
Sería unha pena eu non son partidario. Creo que hasta aí non se debería chegar. Sempre dixen que unha solución podería ser habilitar aparcamentos nas aforas da cidade e desde alí poñer autobuses que acercasen ós afecionados ata o estadio. Uns autobuses municipais, pero a baixo precio, cunha tarifa de 0,50 céntimos. E despois abrir a explanada do Palacio dos Deportes ó público. Porque alí, ó final, nos días de partido acaba quedando algún sitio e se supón que só é para autoridades e para a prensa, pero alí acaba aparcando o curmán, veciño e o tío.
¿Sería unha cuestión que tería que tomar en conta o Concello?
É un problema que non o teña en conta, pero neste momento o problema máis gordo é a falta de instalacións. A Coruña non ten o espacio que o Deportivo necesita para facer unha gran cidade deportiva. É imposible porque o Concello fixo un Plan Xeneral de Ordenación Municipal que fai inviable esa posibilidade. Eu, neste caso, como coruñés, como socio e como accionista do Deportivo gustaríame que se quedara. Sería bon para a cidade e o mellor a compensación viña por outro lado. Habería que facer un estudio de reordenación do espacio e ver o que se pode facer no estadio de Riazor. Gañando espacio público, que siga sendo público, pero que, probablemente, gañaría con instalacións xestionadas por empresas privadas.
Mala relación entre o Deportivo e o Concello
Asimismo, e segundo o portavoz municipal, a mala relación entre o Deportivo e o
Concello lles custa ós coruñeses mil millóns de pesetas. O acordo ó que se
chegou sobre o Teresa Herrera nin sobre a remodelación do estadio non foi o
adecuado.
A Deputación de A Coruña deixou de colaborar no Campus do Deportivo
O portavoz municipal do BNG só agarda que a negativa da Diputación a colaborar
este ano no Campus que todos os anos realiza o Deportivo no verán non sexa a
consecuencia das malas relacións existentes entre Francisco Vázquez e Augusto
César Lendoiro: "Me disgustaría profundamente que esa mala relación se extendera
ata o presidente da Diputación, Salvador Fernández Moreda. E digo ó presidente
da Diputación porque a área de deportes a leva directamente o partido
socialista, que non a leva o Bloque. A min gustaríame que non fora así".


