06/05/2014 21:06 |
Insua: O equipo ten ganas de sumar, de vencer, de convencer
Pablo Insua anotou o pasado sábado no Anxo Carro de Lugo o seu terceiro gol esta temporada. O central galego, titular indiscutible para Fernando Vázquez, axiganta cada semana o seu peso no vestuario: "Si, nótome xa como maior importancia dentro do vestuario. Tamén é normal comparado co ano pasado, que adestraba a metade de semana, logo ía co B e apenas entraba nas convocatorias".