Emre Çolak foi convocado onte pola Selección de Turquía para un partido clasificatorio para o Mundial de Rusia 2018. Así, o conxunto turco recibe no Antalya Arena da cidade de Antalya a Kosovo, o sábado 12 de novembro ás 20.00 horas (hora local).
canaldeportivo, A Coruña06/11/2016 12:07
Marrocos confirma a Fayçal Fajr
Fayçal Fajr foi tamén convocado para os dous próximos compromisos da selección de Marrocos neste parón ligueiro de novembro.
Así, o combinado marroquino enfróntase a Costa de Marfil o sábado 12 no Grande Estadio de Marrakech (20.00, hora local), en partido clasificatorio para o Mundial de Rusia de 2018.
O martes 15 de novembro, no mesmo escenario (Grande Estadio de Marrakech), Marrocos recibe Togo nun partido amigable.
Florin Andone xogará con Romanía ante Polonia e Rusia
O avanzado deportivista Florin Andone foi citado pola súa selección, Romanía, para dous partidos.
O primero deles será ante Polonia, no National Arena de Bucarest (21.45) o venres 11 de novembro; nun choque clasificatorio para o Mundial de Rusia 2018.
O segundo será amigable, ante Rusia, o martes 15 de novembro na cidade rusa de Grozny.
Celso Borges, con Costa Rica
Celso Borges xogará dous partidos internacionais con Costa Rica. Os rivais serán Trinidad e Tobago e Estados Unidos, ambos os compromisos clasificatorios para o Mundial de Rusia 2018.
Así, o venres 11 de novembro, Costa Rica visita Trinidad e Tobago. O partido será ás 19.00 (hora local) no Hasely Crawford Stadium de Puerto España, capital do país centroamericano.
E o martes 15 de novembro, Costa Rica recibe en San José a Estados Unidos.