RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ES
ESTADO FÍSICO - PARTE MÉDICO

Fariña recibiu esta mediodía a alta hospitalaria

Luis Fariña recibiu hoxe mércores a alta hospitalaria e continuará uns días no seu domicilio con terapia antibiótica oral.

O xogador presentaba unha celulite (infección bacteriana da pel e tecido subcutáneo) na cara dorsal do pé dereito, polo que os Servizos Médicos do Clube optaron por unha terapia antibiótica parenteral, para a que foi ingresado o pasado sábado nun hospital coruñés.