RCD / NOTICIAS

Fernando Vázquez, 'Pirata de Honra 2013' pola web piratasdemuxia.es

Fernando Vázquez ven de ser nomeado 'Pirata de Honra 2013' pola páxina web www.piratasdemuxia.es, especializada en divulgalo deportivismo e o fútbol na Costa da Morte.

19/10/2013 14:08

Indica o xurado que coa chegada do adestrador ó Deportivo "instaurouse en Riazor a humildade e (...) fixo que entrasen aires galegos, tanto na fala, coma no equipo".

Os galardóns de recoñecemento que son obra da artista muxiana Viki Ribadulla, serán entregados nunha gala que en principio está fixada para o vindeiro 15 de Novembro no Salón de Actos do Voluntariado de Muxía, ás 21:00 horas.

Más noticias de: FERNANDO VAZQUEZ