RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ES

Florin Andone e Celso Borges xogan mañá coas súas seleccións

  Dous deportivistas teñen partido mañá venres coas súas respecivas seleccións nacionais, neste parón ligueiro de novembro: Andone e Celso Borges. Os outros dous xogadores branquiazuis tamén convoc

Polonia, rival para Florin Andone
 
O avanzado Florin Andone enfróntase mañá venres 11 de novembro coa súa selección, Romanía, a Polonia, nun choque clasificatorio para o Mundial de Rusia 2018. O encontro xogarase no National Arena de Bucarest (21.45) o venres 11 de novembro.
O segundo partido da selección romena deste parón de novembro será amigable, ante Rusia, o martes 15 de novembro na cidade rusa de Grozny. O xogo arrancará ás 19.00 horas (hora local) no Achmat Arena.
 
Celso Borges, en Trinidad e Tobago
 
Celso Borges xoga mañá venres 11 de novembro con Costa Rica en Trinidad e Tobago. O partido, clasificatorio para o Mundial de Rusia 2018, será ás 19.00 (hora local) no Hasely Crawford Stadium de Puerto España, capital do país centroamericano.
 
O martes 15 de novembro, Costa Rica recibe en San José Estados Unidos, ás 20.05 (hora local) no Estadio Nacional de Costa Rica.
 
Fayçal, o sábado ante a potente Costa de Marfil
 
Fayçal Fajr e o combinado marroquino reciben Costa de Marfil o sábado 12 de novembro no Grande Estadio de Marrakech (20.00, hora local), en partido clasificatorio para o Mundial de Rusia de 2018.
 
O martes 15 de novembro, no mesmo escenario (Grande Estadio de Marrakech), Marrocos mídese a Togo, esta vez nun partido de carácter amigable.
 
Emre Çolak, con Turquía fronte a Kosovo
 
Emre Çolak, con Turquía, recibe no Antalya Arena da cidade de Antalya Kosovo, o sábado 12 de novembro ás 20.00 horas (hora local). O choque é clasificatorio para o próximo Campionato do Mundo.
 
Será o único encontro da selección turca neste parón de seleccións.