RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ES

Insua cre que o derbi galego 'é o máis bonito que hai a día de hoxe na competición'

Pablo Insua asegurou esta mañá na sala de prensa de Abegondo que o derbi do próximo sábado 21 de febreiro en Riazor ante o Celta (22.00 horas) "é un partido especial para todos. É un dos partidos máis

O central deportivista apunta que "hai xogadores que veñen aquí a xogar e xa nos seus equipos falaban deste derbi. Xa non é unha cousa de Galicia, senón que por toda España se sabe".

O defensor arzuano aposta ademais por un derbi sen violencia: "ao final é un xogo. Aquí vimos todos a gozar. Esperemos que a xente o pase ben e por suposto que temos que dicir un NON rotundo á violencia. Que a xente veña a gozar do seu equipo, a gozar da vitoria e a pasar un bo día".

Cre Insua que o Deportivo "está nun momento ascendente" e, pola súa banda, no Celta, "o seu último partido (ante o Atlético de Madrid) dálles confianza. Tamén veñen nun gran momento".

Precisamente do conxunto celtiña subliña que "teñen un moi bo equipo e así o demostraron na pasada xornada". Destaca Insua a Nolito e Orellana, " pero teñen outros como Larrivey, Charles ou Santi Mina que están a mostrar un gran nivel".