RCD / NOTICIAS

Insua: É un gustazo enorme levar o brazalete

Aos 21 anos, 1 mes e 12 días, Pablo Insua pode presumir de ser un dos capitáns do primeiro equipo máis xovens, senón o que máis, nos 108 anos da historia do Deportivo. Superou inclusive Luis Cornide, que foi o primeiro presidente, con tan só 22 anos.

21/10/2014 13:04

O pasado domingo perante o Valencia, o central de Arzúa saiu en Riazor de titular e alén diso co brazalete, posto que os catro capitáns (Manuel Pablo, Laure, Juan Domínguez e Álex) por razóns técnicas ou físicas non entraron no once inicial. "É un gustazo enorme levar o brazalete. Iso orgúllate e sendo canteirán sinto moito as cores. Para min foi un momento moi especial". confesa.
 
Opina Insua que "a nivel de confianza, a vitoria do equipo vénnos moi ben despois das semanas complicadas; e para afrontar os próximos partidos con máis confianza".
 
Acredita que houbo perante o Valencia "unha mudanza de intensidade e de actitude todo o partido. Acho que o equipo estivo moi concentrado durante os noventa minutos e sobre todo estivo moi concienciado, moi xunto. Traballou desde o dianteiro até o porteiro moi unidos. Esa foi a clave de todo".

Más noticias de: INSUA

RCD / Noticias Relacionadas

15/08/2015 11:29 |

Pablo Insua jugará cedido esta temporada en el Leganés

  El Deportivo y el CD Leganés han llegado a un acuerdo para que Pablo Insua (Arzúa, A Coruña, 9-9-1993)  juegue esta temporada en calidad de cedido en el conjunto madrileño, que milita en la Liga Adelante. Insua se ejercitó estos días al margen y hoy sábado completó el último entrenamiento en el gimnasio de la ciudad deportiva de Abegondo, antes de partir mañana domingo a Leganés.