RCD / NOTICIAS

Juan Carlos pide tranquilidade ao equipo neste sprint final

Juan Carlos Real sumou o pasado sábado ante o Tenerife o seu quinto partido consecutivo no once inicial. O canteirán pide tranquilidade neste sprint final: "O equipo ten que estar tranquilo, sabendo que está aí desde o principio. Ten de seguir sendo o mesmo, sen mudar nada".

03/04/2014 19:52

Está agradecido pola confianza do míster e para nada di sentirse molesto en ser habitualmente o primeiro troco: "Levo cinco partidos xogando. El ten que tomar decisións segundo como vaia o partido e se considera que eu son o primeiro cambio para mellorar o equipo, pois perfecto".

Sobre o roce de onte con Luisinho no adestramento, Juan Carlos, minutos antes de recibir as desculpas (por suposto aceptadas) do portugués, restou importancia ao sucedido, que xa considera "rematado": "Visto na tele, parece máis do que foi".


Pola súa parte, Wilk, entre inglés e castelán, manifestou que está "adestrando duro" e preparado para actuar de inicio, se Fernando Vázquez o considera oportuno. Acompañado na rolda de prensa pola súa profesora de español (Mónica Fraga), alén diso mostrouse feliz na Coruña, despois de ter chegado ao Clube hai sete meses.

Más noticias de: JUAN CARLOS, WILK

RCD / Noticias Relacionadas