RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ES

Juan Domínguez cre que ''non hai favoritos'' para #ONosoDerbi

Juan Domínguez, galego de Narón e un dos capitáns do Deportivo, compareceu en rolda de prensa en Abegondo a poucas horas de se iniciar O Noso Derbi, mañá sábado 21 de febreiro ás 22.00 horas en Riazor. Acre

Recoñece que "a vitoria se vive diferente cando é un derbi. Gusta gañar un partido así, a verdade".
 
Confesa Juan Domínguez non ter unha motivación especial a pesar de todo: "Eu sempre estou motivado ao máximo. É unha motivación que vai ligada ao propio feito de que xa vou xogar un partido. Non vai ser distinto nun derbi. Mais vívelo doutra maneira. O ambiente é distinto", explica.
 
A súa receita é intentar saltar ao campo "tranquilo e concentrado sen ter en conta o de fóra, porque senón, estás nun partido moi motivado, noutro moi nervioso... Intento seguir unha líña".
 
Asegura o '10' branquiazul que o derbi da primeira volta (2-1 a favor do Celta e penalti errado polo Dépor nos instantes finais) "xa está esquecido. Un penalti que se fallou como se fallan miles. Non serviu para sumar un punto que si estaría moi ben, mais xa pasou. Xa nin me acordaba. Soamente penso no partido do sábado".
 
Acha que "chegamos ben os dous equipos. Levamos xa unha serie de partidos bos, dando boas sensacións, conseguindo resultados. E o Celta si que é certo que atrás tivo unha racha pois que os resultados non eran moi bos. Mais agora xa encontraron un nivel moi alto. Veñen de gañarlle a un todopoderoso Atlético de Madrid e seguramente virán motivados".
 
Neste sentido, insiste en que "non hai favoritos cando se trata dun rival similar a outro. O partido vai estar igualado. As plantillas están igualadas tamén e ao final non hai ningún favorito".
 
Agradecido ao Presidente
Mostrouse o centrocampista coruñés agradecido ao Presidente Tino Fernández: "É verdade que falamos algo en Madrid. Eu estou moi agradecido ás palabras do Presidente. Creo que está intentando facer as cousas ben, creo non, estao facendo xa desde o principio. Sempre me apoiou persoalmente. Sempre tivo boas para min. Persoalmente lévome moi ben con el e alén diso el dixo unhas palabras de que estaba cerca a renovación e oxalá que así sexa".