RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ES
#ASNOSAS

Últimos días para apuntarse á primeira xornada dos Clínics Femininos do Dépor

  O vindeiro venres 10 terá lugar en Abegondo a primeira das catro xornadas de clínics femininos que o Real Club Deportivo pon en marcha co comezo das actividades do equipo feminino do Club.

Os tres próximos venres de xuño e o 8 xullo, en horario de tarde, todas as rapazas que queiran poderán probar se teñen 13 anos xa cumpridos. Deberán inscribirse en deporfem@rcdeportivo.es ou 626 646 037.
 
Ademais tamén se reeditará o Campus "Fútbol feminino para todas", gratuíto e aberto a calquera idade que se desenvolverá no campo de Arteixo (Ponte dos Brozos) en horario de 10 a 14 h. na semana do 4 ao 8 de xullo. Trátase da segunda edición do campus que organiza o Club Atlético Arteixo en colaboración co Orzán SD e desde este ano tamén co RC Deportivo.