RCD / NOTICIAS

Lux e Seoane apadriñan hoxe xoves a peña deportivista Verdillo

- Foto: Susi García - Os xogadores do primeiro equipo Lux e Seoane apadriñarán hoxe xoves 24 de abril ás 21.00 horas a peña deportivista Verdillo. Acompañará os futbolistas Martín Pita, conselleiro do Clube encargado da Área Social. Álex, por causas particulares, non poderá finalmente asistir.

24/04/2014 12:30

Jaime Cotelo é o presidente; e Vanessa Viña a secretaria desta nova agrupación branquiazul.

O acto de inauguración será no seu domicilio social, o Bar Manolo de Lisa, no Moucho - San Lorenzo de Verdillo número 38 (Carballo).