RCD / NOTICIAS

O Alevín A participa dende este domingo no prestixioso Mundialito do Algarve (Portugal)

  O Alevín A do Deportivo competirá esta Semana Santa na localidade portuguesa de Vila Real de Santo Antonio no Mundialito, un dos trofeos de fútbol 7 máis importantes do mundo, con máis de 200 equipos de diferentes países. O torneo arranca este domingo 20 de marzo e finaliza o sábado 26 de marzo.

18/03/2016 14:18

O calendario do Alevín A na Primeira Fase é o seguinte:
 
Domingo 20 de marzo
11.00: SELECCIÓN DE BRASIL - ALEVÍN A
 
Luns 21 de marzo
11.00: LUSITANO FC - ALEVÍN A
 
Martes 22 de marzo
10.00: ALEVÍN A - CD ATLÉTICO TARTESSOS
 
Mércores 23 de marzo
15.00: ALEVÍN A - CORINTHIANS
 
Os tres primeiros clasificados do grupo pasan á seguinte fase, que se celebrará en modo de eliminatoria desde dezaseisavos de final.