RCD / NOTICIAS

Xa somos máis de 25.000 socios! Ti es a nosa historia

O Dépor superou hoxe a cifra dos 25.000 socios, quedando a cifra exacta en 25.010 abonados. A campaña de renovacións e novas altas continúa aberta na Oficina de Atención ao Deportivista do estadio de Riazor xa co seu horario habitual de todo o ano: de 10.00 a 13.30 horas e de 16.30 a 19.00 horas. O Dépor quere convidar a todos os seus afeccionados a fecerse socios e deste xeito gozar en directo toda a temporada dos partidos do equipo en Riazor e de todas as vantaxe de ser abonado do equipo. Grazas a cada un dos 25.010 deportivistas que xa forman parte da nosa historia!

29/08/2016 21:04