RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

200 deportivistas animarán ao equipo no RCDE Stadium de Cornellá - El Prat

  200 deportivistas estarán mañá en Barcelona animando ao Dépor no RCDE Stadium de Cornellá - El Prat. Os afeccionados serán unha ampla representación dos deportivista afincados na cidade conda

Os afeccionados presentes en Cornellá tamén representarán a unha ducia de peñas deportivistas: Barcelona, Centenariazo, Chaflán, Chamberí, Jaballi, Miau Miau, O Padriño, Perla de Arousa, Burela, Pilarica, Rías Baixas y Verín-Pablo Amo.

A peña de Barcelona e a peña Miau Miau preparan unha serie de actos aproveitando o partido en Barcelona
 
Con motivo da visita do Deportivo ao Espanyol, as peñas deportivistas na Cidade Condal (peña deportivista Barcelona e peña deportivista Miau Miau) preparan ademáis unha serie de actos durante toda a xornada.
 
Así, a peña Barcelona arrancará o día cunha visita ao hotel de concentración do Deportivo. Ás 11.45, está previsto o recibimento aos representantes das demais agrupacións deportivistas na sede da peña (Gran Vía de Les Corts Catalanes nº 640). O xantar será ás 14.00 horas no Restaurante La Tagliata, para, ás 17.15, partir en autocar cara a Cornellá - El Prat e animar o equipo ante o Espanyol.
 
Alén diso, a peña deportivista Miau Miau organiza para todos o seus simpatizantes unha comida ás 13.00 horas no Restaurante Montecarlos, sito na rúa Rubió i Ors nº 207 de Cornellá. Uns gaiteiros amenizarán as horas previas a estes deportivistas, que xa se acercarán a pé até o coliseo espanyolista. Haberá degustación de produtos típicos galegos, como licor café e, por suposto, Estrella Galicia.