RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

A peña deportivista A Moa anuncia excursión a Lugo

A peña deportivista A Moa do Pindo (Carnota) anuncia unha excursión a Lugo, con motivo do partido do Deportivo no Ángel Carro, previsto para a fin de semana do 3 e 4 de maio.

O prezo da viaxe, que inclúe autobús e entrada ao partido, é de 40 euros para os peñistas e 50 euros para os acompañantes.
 
Os interesados poden realizar as reservas nestes teléfonos: 655 920 798 (Juanjo), 661 460 824 (Fran), 607 608 984 (Ángel Luis) e 635 488 563 (Jota).
 
"Se o Dépor gaña, a peña paga a churrascada á volta do partido nun lugar por decidir. Se perdemos, cada un paga o seu", aseguran os responsables da agrupación branquiazul, "orgullo deportivista na costa da morte".