RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Galicia - Chile xógase en Riazor o vindeiro 27 de Nadal

Trala conversa mantida onte martes entre a Directora Xeral para o Deporte, Marta Souto, e o Presidente do Deportivo, Augusto César Lendoiro, o encontro amigable de fútbol entre a Selección Galega e Chile do vindeiro 27 de nadal se xog

A comezos de semana, Augusto César Lendoiro conversou vía telefónica co Concelleiro de Deportes do Concello da Coruña, Xan Martínez Caxigal, e xa lle expresou a vontade do Real Club Deportivo de colaborar co Concello, quen previamente se dirixira ó clube deportivista para solicitar o Estadio, e ca Xunta de Galicia para que ese encontro internacional se xogue na Coruña. "Faremos un esforzo importante dende o clube para que se poida xogar este partido porque temos enriba da mesa varios informes técnicos que nos recomendan que o césped teña o máximo descanso posible nos periodos que non haxa competición", lembrou onte o Presidente deportivista, Augusto César Lendoiro, no acto de entrega de insignias de oro a 69 socios do Deportivo.

Hai dous anos, coincidindo co Centenario do Real Club Deportivo, a Selección Galega xa xogou en Riazor. Foi ante Ecuador e o partido acabou con empate a un tanto.